Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2001 Páx. 3.260

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 111/2001, interposto por Natalia Rey Gutiérrez.

Recibida na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a providencia da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se admite o recurso contencioso-administrativo 111/2001, interposto por Natalia Rey Gutiérrez, contra a resolución do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria con data do 8 de novembro de 2000, desestimatoria do recurso de alzada sobre a habilitación para desempeña-lo posto de traballo na materia de lingua francesa na educación secundaria obrigatoria.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, e emprázanse para que poidan comparecer como demandados no recurso no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2001.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria