Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2001 Páx. 3.193

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0000035/2001, interposto por María Begoña Gómez Roel e outras.

Recibida na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a providencia da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 01/0000035/2001, interposto por María Begoña Gómez Roel, Dolores Pérez Caamaño, Silvia Presedo Rodríguez, María José López Ponte e Dévora García Iglesias, contra resolución do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria de data 23 de setembro de 2000 sobre supresión e modificación de centros públicos de educación infantil e primaria e integrados na Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, e son emprazadas para que poidan comparecer como demandados no recurso no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2001.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria