Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2001 Páx. 3.194

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Metal Ships & Docks, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Metal Ships & Docks, S.A., con nº de código 3603382, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 24-1-2001, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en dada 9-1-2001. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 30 de xaneiro de 2001.

Atonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo de

Metalships & Docks, S.A.

Capítulo I

Ámbito, vixencia e estructura

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio regulará as condicións ás que se terán que axusta-las relacións económicas y laborais de Metalships & Docks S.A.

Aféctalle ó persoal que actualmente presta servicios na referida empresa, así como a aquel que ingrese no futuro e queda excluído deste artigo o persoal ó que fai referencia o artigo 1º-3C do Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º.-Vixencia.

Este convenio colectivo terá unha vixencia de dous anos, entra en vigor a partir do 1 de xaneiro de 2001 e finaliza o 31 de decembro de 2002.

Artigo 3º.-Prórroga e vixencia.

Entenderase prorrogado, de ano en ano, a non ser que calquera de ámbalas partes, solicite, en forma legal, a súa revisión ou rescisión cunha antelación mínima de 3 meses á data da súa expiración, ou de calquera das súas prórrogas.

Artigo 4º.-Vinculación á totalidade.

As condicións aquí pactadas forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica serán consideradas globalmente.

Artigo 5º.-Garantías persoais.

Respectaranse, a título individual, as condicións económicas que fosen superiores ás establecidas neste convenio, consideradas no seu conxunto e en cómputo anual.

Capítulo II

Emprego e contratación

Artigo 6º.-Vacantes e postos de nova creación.

A provisión para cubrir vacantes, así como para postos de prazas de nova creación, axustarase ás normas legais e ó desenvolvido neste convenio.

A dirección da empresa determinará os criterios e/ou probas selectivas que se van realizar para a provisión e a documentación que se ten que achegar.

A empresa comunicaralle ó comité de empresa o posto que se vai cubrir, as condicións que deben reuni-los aspirantes e as características das probas de selección. O comité de empresa velará pola súa aplicación obxectiva.

Terán dereito preferente para a provisión, en igualdade de méritos, os traballadores fixos da empresa e os familiares.

En todo caso, a provisión de prazas que se refira a postos de traballo que impliquen exercicio de autoridade e mando sobre terceiras persoas, serán cubertas directa e discrecionalmente pola dirección da empresa.

Artigo 7º.-Contrato de traballo.

O contrato de traballo será subscrito entre empresa e traballador por escrito, con entrega a este dun exemplar dentro dos 15 días seguintes ó da súa incorporación, conforme calquera dos modelos aprobados por disposición de carácter normativo, que necesariamente deberá ser inscrito na oficina de emprego.

Farase constar en tódolos contratos de traballo o contido xeral das condicións que se pacten e o grupo profesional ou categoría na que queda encadrado o traballador e, en todo caso, o contido mínimo do contrato.

Entregaráselle unha copia básica dos contratos que se formalicen por escrito á representación dos traballadores.

A empresa notificaralles ós representantes legais dos traballadores as prórrogas dos contratos de traballo do que foi entregada a copia básica, así como as denuncias correspondentes a eles.

Os períodos de proba para o persoal de novo ingreso serán os seguintes:

-Técnicos titulados: 6 meses.

-Técnicos non titulados: 2 meses.

-Resto do persoal: 1 mes.

No non regulado observarase o disposto no artigo 14 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 8º.-Contratación eventual.

1. Contrato en prácticas.

O contrato de traballo en prácticas só se poderá concertar con quen estea en posesión del título universitario ou de formación profesional de grao medio ou superior, ou títulos oficialmente recoñecidos como equivalentes, que habiliten para o exercicio profesional, dentro dos 4 anos seguintes ó do remate dos correspondentes estudios, ou de 6 cando o contrato se concerte cun traballador minusválido.

O posto de traballo será o adecuado para facilita-la práctica profesional do traballador, para perfecciona-los seus coñecementos e adaptalos ó nivel de estudios cursados.

A duración non será inferior a 6 meses nin superior a 24.

O período de proba será de 15 días para os traballadores en posesión do título de grao medio e 1 mes para os de grao superior.

Ningún traballador poderá estar contratado en prácticas na mesma ou distinta empresa por tempo superior a 24 meses en virtude da mesma titulación.

A retribución mínima dos traballadores contratados baixo esta modalidade será do 70% durante o primeiro ano e do 80% durante o segundo do salario fixado en convenio para un traballador que desempeñe o mesmo ou equivalente posto de traballo.

A contía máxima de contratos en prácticas será a que recolle a normativa vixente.

2. Contrato de formación.

Terá como obxecto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o adecuado desempeño dun oficio cualificado.

Poderán ser obxecto deste contrato os oficios incluídos neste convenio e non se poderán formalizar contratos para a formación para categoría inferior á de especialista.

O contrato para a formación terá unha duración máxima de dous anos.

Cando o contrato para a formación se celebre por un prazo inferior ó máximo establecido no parágrafo anterior, poderase prorrogar antes da súa terminación por acordo de ámbalas partes unha ou dúas

veces, por períodos non inferiores a 6 meses, sen que o tempo acumulado, incluídas as prórrogas, poida exceder do referido prazo máximo. O aviso previo de finalización do contrato deberase axustar ós prazos e á forma que indique o convenio.

A idade do traballador estará comprendida entre os 16 e os 21 anos inclusive.

O traballador disporá do 15% da súa xornada para a formación teórica.

Esta formación deberá ser impartida polos centros de formación autorizados.

Cada titor non poderá dispoñer de máis de 3 traballadores en formación.

A retribución será o SMI para o primeiro ano. Para o segundo será o SMI máis o 10% do dito salario. Sempre en proporción ó tempo de traballo efectivo.

A contía máxima para a celebración destes contratos será a mesma que para os contratos en prácticas.

3. Contratos a tempo parcial.

Tódolos contratos a tempo parcial terán unha prestación efectiva superior a 12 horas e inferior ó 77% da xornada semanal. Estes traballadores non poderán realizar horas extraordinarias, excepto as motivadas por forza maior, de acordo co artigo 35.5º do ET, e gozarán dos mesmos dereitos que os traballadores a tempo completo.

4. Contratos eventuais de duración determinada por circunstancias del mercado, por acumulación de tarefas ou exceso de pedidos.

Estes contratos, regulados no vixente artigo 15.1º.b do Estatuto dos traballadores, poderán ter unha duración máxima de 13,5 meses dentro dun período de 18 meses, contados a partir do momento en que se produzan as ditas causas.

5. Contrato por obra ou servicio determinado.

No contrato de traballo farase constar, de forma clara e precisa, se o contrato é de obra ou servicio, cunha completa identificación da obra ou servicio para que se contrate o traballador.

Artigo 9º.-Empresas de traballo temporal.

Os contratos de posta á disposición celebrados con empresas de traballo temporal servirán para cubrir actividades ocasionais de acordo co legal e convencionalmente establecido.

A realización de actividades e traballos especialmente perigosos para a seguridade ou a saúde dos traballadores, determinados regulamentariamente e concretados na empresa, non poderá ser cuberta por ETT. En tales supostos poderán utilizarse contratacións de duración determinada ou subcontratacións de empresas especializadas, garantíndose en todo caso a formación previa necesaria.

A empresa daralles a coñecer ós representantes dos traballadores os contratos de posta á disposición e os contratos laborais dos traballadores afectados

no prazo máximo de 10 días, co fin de que aqueles poidan realiza-las funcións de tutela das condicións de traballo, formación e saúde laboral dos traballadores das ETT, entendéndose por tutela o dereito a presentar, a través dos representantes dos traballadores da empresa, reclamacións en relación coas condicións de execución da actividade laboral.

A partir da entrada en vigor deste convenio, os traballadores de ETT que presten servicios na empresa percibirán, polo menos, en xornada ordinaria e para actividade normal, e segundo o sinalado no artigo 46, os salarios mínimos garantidos do grupo profesional correspondente á actividade que realizan.

Artigo 10º.-Avisos previos final de contrato.

Ó finaliza-lo contrato de traballo, a empresa estará obrigada a notificarlle o cesamento ó traballador, por escrito e con 15 días de antelación á data de finalización ou extinción dos contratos de duración igual ou superior a seis meses.

A empresa entregaralle ó traballador copia da liquidación cun prazo máximo de 5 días laborables posterior ó cesamento.

Os traballadores que desexen cesar voluntariamente no servicio da empresa virán obrigados a poñelo en coñecemento dela cumprindo os prazos de aviso previo:

-Técnicos titulados e non titulados: 2 meses.

-Resto do persoal: 15 días.

Artigo 11º.-Extinción do contrato por causas obxectivas.

1. Cando o empresario queira facer uso do dereito concedido no artigo 52.c do Estatuto dos traballadores e conforme o procedemento previsto no artigo 53 do mesmo texto legal, deberá entregar, ademais da comunicación prevista na norma e asemade, unha memoria explicativa que faga referencia á causa da extinción, tanto ó traballador ou traballadores afectados como á representación dos traballadores da empresa.

2. Sen prexuízo da eficacia e cumprimento do acordo extintivo, conforme o procedemento establecido na lei, os representantes dos traballadores emitirán informe motivado sobre a decisión empresarial e a causa extintiva alegada no prazo de 4 días hábiles.

3. Dos informes ós que fai referencia o punto anterior darase traslado á dirección da empresa para a súa unión ó expediente, entendéndose que, transcorridos os prazos previstos para a súa emisión, sen facelo, se desiste de tal dereito.

4. O procedemento previsto neste artigo non suspenderá nin interromperá os prazos previstos no artigo 53.1º.c do Estatuto dos traballadores.

5. Esta cláusula considerarase, para tódolos efectos, de carácter obrigacional.

Artigo 12º.-Pluriemprego.

De acordo con este convenio colectivo, a empresa non poderá contratar en réxime de pluriemprego ou xornada reducida aqueles traballadores que dispoñan doutra ocupación retribuída por xornada completa.

Capítulo III

Organización do traballo. Clasificación profesional e cadro de persoal

Artigo 13º.-Organización do traballo

A organización do traballo, conforme o prescrito neste convenio e na lexislación vixente, é facultade e responsabilidade da dirección da empresa.

Sen mingua da facultade aludida no parágrafo anterior, os representantes dos traballadores terán funcións de orientación, proposta, emisión de informes, etc. no relacionado coa organización e racionalización do traballo, de conformidade coa lexislación vixente.

Artigo 14º.-Clasificación profesional.

Os traballadores afectados por este convenio colectivo serán clasificados tendo en conta as súas aptitudes requiridas, formación, experiencia, grao de autonomía, responsabilidade e iniciativa, condicións de traballo, esforzo e dedicación, de acordo coas actividades profesionais que desenvolvan e coas definicións que se especifican neste sistema de clasificación profesional.

A clasificación realizarase, en divisións funcionais e grupos profesionais, por interpretación e aplicación de criterios xerais obxectivos e polas tarefas e funcións básicas máis representativas que realicen os traballadores.

Esta nova clasificación profesional pretende alcanzar unha estructura profesional directamente correspondida coas necesidades da empresa, facilitando unha mellor interpretación de todo o colectivo no desenvolvemento das súas actividades, sen mingua da dignidade, oportunidade de promoción e xusta retribución, sen que caiba discriminación ningunha por razóns de idade, sexo ou de calquera outra índole.

Artigo 15º.-Sistema de clasificación.

Tódolos traballadores afectados por este convenio serán adscritos a un determinado grupo profesional e a unha división funcional.

Artigo 16º.-Comisión paritaria de clasificación profesional.

Debido a que a implantación deste sistema de clasificación profesional supón unha alteración substancial dos anteriores convenios, acórdase constituír unha comisión técnica paritaria cun máximo de 8 persoas, co cometido de que durante a vixencia deste convenio colectivo profunden e conclúan a implantación do novo sistema de clasificación profesional.

Temporalmente, e mentres non estea finalizado o dito sistema, manterase a clasificación actual, que figura no anexo I deste convenio.

Artigo 17º.-Ascensos.

1. Os ascensos dos traballadores a tarefas ou postos de traballo que impliquen mando ou confianza, tales como os que realizan os traballadores dos grupos profesionais do 01 ó 05, ambos inclusive, e secretaria de dirección serán de libre designación pola empresa.

2. Para o ascenso do resto dos traballadores, a empresa establecerá un concurso-oposición con base nun sistema de carácter obxectivo, tomando como referencia a titulación adecuada, valoración académica, coñecemento do posto de traballo, historial profesional, ter desempeñada función de superior grupo profesional, formación específica por parte da empresa e superar satisfactoriamente as probas que para o efecto se establezan. Así como cualquera outro criterio que resulte do estudio de valoración de postos de traballo.

En idénticas condicións de idoneidade, atribuirase o ascenso ó máis antigo.

O sistema confeccionado pola dirección será preceptivamente dictaminado polo comité de empresa. Quedará aberta ós traballadores a vía de reclamación ante a Inspección de Traballo.

Para os efectos de asegura-la representación do comité de empresa nos procedementos a través dos cales se produzan os ascensos, este designará un representante que participará no tribunal de concurso-oposición, con voz e sen voto. Así mesmo, fará constar en acta, levantada para o efecto, as súas salvidades.

Ámbalas partes se comprometen a desenvolve-lo previsto neste artigo, en canto ó sistema e ós prazos. A revisión de categorías realizarase como prazo máximo ós tres meses de finaliza-lo estudio da nova clasificación profesional.

Artigo 18º.-Cadro de persoal.

A empresa confeccionará cada ano o cadro do seu persoal fixo e noutras condicións laborais, sinalando o número de traballadores que comprende cada grupo profesional e división funcional, pasando copia ó comité de empresa.

Capítulo IV

Mobilidade xeográfica e funcional

Artigo 19º.-Concepto e principios xerais.

Considérase mobilidade funcional cualquera cambio de funcións e tarefas previamente encomendadas e realizadas polo traballador, dentro do centro de traballo ó que está adscrito.

Un límite específico á aplicación da mobilidade funcional constitúeo a necesidade de titulación académica ou profesional, así como calquera outro permiso, licencia ou habilitación esixido pola lexislación para o exercicio dunha determinada profesión ou función.

En cualquera dos supostos de mobilidade funcional a dirección da empresa deberá garantir, con carácter previo ó cambio, os coñecementos, habilidades ou reciclaxe necesarios, que faciliten ou habiliten os traballadores afectados para a suficiente adecuación e aptitude para o desempeño das novas tarefas e funcións asignadas.

A aplicación da mobilidade funcional terase que facer salvagardando o principio xeral de boa fe contractual, así como o principio específico de igualdade e non discriminación nas relacións laborais.

Así mesmo, a dita mobilidade producirase sen menoscabo da dignidade dos traballadores y sen prexuízo dos seus dereitos profesionais e económicos.

Non caberá invoca-las causas de despedimento obxectivo sobrevidas por falta de adaptación nos supostos de realización de funcións distintas das habituais como consecuencia da mobilidade funcional.

Sempre que sexa posible, a aplicación da mobilidade funcional farase respectando a voluntariedade dos traballadores.

Por se-la mobilidade funcional materia esencial das condicións de prestación do traballo, para a súa correcta aplicación faise necesaria en todo momento a participación dos representantes legais dos traballadores, nos termos que se indican neste convenio.

Artigo 20º.-Clases de mobilidade funcional.

A mobilidade funcional pode ser de tres clases:

1. Mobilidade funcional vertical. É aquela que ten lugar cando os cambios de funcións e tarefas traspasan os límites do grupo profesional de pertenza do traballador, pero non así a división funcional ó que está adscrito.

2. Dentro desta hai dúas variantes:

-Mobilidade vertical ascendente: prodúcese cando as novas tarefas e funcións encomendadas ó traballador corresponden a un grupo profesional de nivel superior, sen altera-la división funcional de pertenza.

-Mobilidade vertical descendente: prodúcese cando as novas tarefas e funcións encomendadas ó traballador corresponden a un grupo profesional de nivel inferior, sen altera-la división funcional de pertenza.

3. Mobilidade funcional horizontal: é aquela que implica cambio de división funcional de adscrición previa do traballador.

4. Mobilidade funcional ordinaria: é aquela que ten lugar cando os cambios de funcións e tarefas se producen dentro dos límites do encadramento profesional do traballador; isto é, a súa pertenza a un grupo profesional e a unha división funcional determinados.

Artigo 21º.-Mobilidade funcional vertical.

1. No caso de mobilidade funcional vertical ascendente.

Por razóns organizativas, técnicas ou productivas de carácter temporal, entendéndose por tales as non superiores a seis meses (salvo no caso de substitución por IT, servicio militar, prestación social substitutoria ou excedencia), a dirección da empresa poderá destina-los traballadores á realización de tarefas dun grupo profesional de nivel superior, dentro da mesma división funcional.

Sempre que a dirección da empresa teña necesidade de facer uso da aplicación deste tipo de mobilidade funcional, notificaránselle-los cambios simultaneamente ós traballadores afectados e á súa representación legal.

A dita notificación, alomenos, deberá incluír:

-Descrición xustificativa das causas que motivan os ditos cambios.

-Identificación dos traballadores afectados.

-Duración estimada da mobilidade.

Neste sentido, a dirección da empresa terá en conta as opinións e suxestións da representación legal dos traballadores respecto ós cambios propostos.

Se o cambio de grupo profesional comporta retribucións superiores, os traballadores afectados percibirán as do posto de destino.

No caso de que o cambio de posto supere os seis meses nun ano ou os oito meses en dous anos -salvo que estea fundado en motivos de substitución por IT, servicio militar, prestación social substitutoria ou excedencia- o traballador poderá, por vontade propia, continuar realizando estes traballos ou volver ó posto que ocupaba con anterioridade. No primeiro suposto ascenderá automaticamente.

En todo caso, sexa cal for o tempo de duración da mobilidade e a causa que a xerou, recoñeceráselle e valoraráselle, para efectos de promoción profesional e nos termos que se acorde, o mérito que supón a ocupación de funcións de tarefas de grupos profesionais de nivel superior.

2. En caso de mobilidade funcional vertical descendente.

Por razóns organizativas, técnicas ou productivas -xustificadas en razóns perentorias o imprevisibles da actividade productiva- a dirección da empresa poderá destina-los traballadores á realización de funcións ou tarefas dun grupo profesional de nivel inferior.

A adscrición a este tipo de funcións e tarefas farase polo tempo imprescindible para a súa atención que, en todo caso, non deberá exceder dos tres meses. Transcorrido este período de tempo, o traballador será incorporado ó posto de orixe.

Sempre que a dirección da empresa considere imprescindible facer uso da aplicación deste tipo de mobilidade funcional, será necesaria a comunicación coa representación legal e cos traballadores afectados, nos termos previstos no punto anterior.

Tratarase de establecer un reparto equitativo entre os distintos traballadores cando xurda o requirimento deste tipo de mobilidade.

Os traballadores afectados por esta clase de mobilidade funcional percibirán as retribucións propias do posto e grupo profesional de orixe.

Artigo 22º.-Mobilidade funcional horizontal.

Por xustificadas razóns organizativas, técnicas ou productivas perentorias ou imprevisibles a dirección da empresa poderá destina-los traballadores á realización de funcións ou tarefas dunha división funcional distinta á de pertenza previa, sen variación do grupo profesional.

Tratándose dunha modificación substancial das condicións de traballo (artigo 41 ET), sempre que a dirección da empresa encontre e xustifique necesario facer uso da aplicación deste tipo de mobilidade funcional, será preceptiva a comunicación á representación legal dos traballadores.

Para iso, a dirección empresarial notificarálle-los cambios previstos simultaneamente ós traballadores afectados e á súa representación legal nos mesmos termos que figuran nos puntos anteriores.

Será, así mesmo, neste proceso de negociación e acordo onde se fixará o alcance temporal (indefinido ou limitado) dos cambios propostos e as consecuencias que iso entrañe.

Igualmente, estableceranse a reciclaxe ou formación necesaria e os períodos de adaptación ás novas funcións e tarefas.

En calquera caso, garantirase o mantemento das retribucións que as persoas afectadas viñesen percibindo nos seus anteriores postos, en caso de que estas fosen superiores ás do posto de destino. Se as retribucións do posto de destino fosen superiores, os traballadores afectados percibirán as do novo posto.

No caso de que o cambio de área funcional leve aparellado un cambio de grupo profesional (mobilidade vertical), para estes últimos rexerán, ademais, as normas previstas neste convenio para estes supostos.

Artigo 23º.-Mobilidade funcional ordinaria.

Mesmo cando, dun xeito xeral e aténdose ó previsto neste acordo, os casos de mobilidade funcional ordinaria non terán que ser necesaria e preceptivamente acordados coa representación legal dos traballadores -salvo no caso de que comporten algunha modificación substancial das condicións de traballos se fai necesario que a dita representación estea sempre puntualmente informada dos cambios, podendo intervir naqueles casos nos que considere necesario facelo.

Unha excepción a iso constitúea a posibilidade de aplica-la mobilidade funcional ordinaria naqueles casos nos que os cambios propostos superen o precepto ó que indirectamente se refire o artigo 22.1º ET cando define o concepto de categoría profesional equivalente. Isto é, cando os cambios de funcións e tarefas que comporte a aplicación da mobilidade funcional ordinaria excedan do concepto de equivalencia (cando a aptitude profesional necesaria para o desempeño das funcións propias dun posto permita desenvolve-las funcións básicas do segundo, logo de realización, se iso é necesario, de procesos simples de formación ou adaptación). En tal suposto, a aplicación da mobilidade funcional ordinaria estará suxeita á comunicación coa representación legal dos traballadores.

Artigo 24º.-Mobilidade xeográfica.

A mobilidade xeográfica, no ámbito deste convenio, afecta os seguintes casos:

a) Desprazamentos.

b) Traslados.

Artigo 25º.-Desprazamento.

Enténdese por desprazamento o destino temporal dun traballador a un lugar de destino distinto do seu centro habitual de traballo.

A empresa poderá despraza-los seus traballadores ata o límite máximo dun ano.

A empresa designará libremente os traballadores que se deban desprazar, cando o destino non esixa pernoitar fóra de casa, ou cando, existindo esta circunstancia, non teña duración superior a tres meses.

Nos supostos en que o desprazamento esixa pernoitar fóra do domicilio e teña unha duración superior a tres meses, a empresa proporálle-lo desprazamento ós traballadores que considere idóneos para realiza-lo traballo, e procederá á súa designación obrigatoria entre os que reúnan as condicións de idoneidade profesional para ocuparen as prazas, observando as seguintes preferencias, para non seren desprazados:

a) Representantes legais dos traballadores.

b) Diminuídos físicos e psíquicos.

c) Embarazadas.

A empresa que desexe realizar algún dos desprazamentos superiores a tres meses que obriguen o traballador a pernoitar fóra do seu domicilio, deberá avisar previamente os afectados con, alomenos, 5 días laborables de antelación.

En calquera caso, os avisos previos deberán realizarse por escrito.

Nos desprazamentos superiores a tres meses que non lle permitan ó traballador pernoitar no seu domicilio, a empresa e os afectados convirán libremente as fórmulas para que os traballadores poidan regresar ós seus domicilios periodicamente, que poderán consistir na subvención de viaxes de ida e volta en todas

ou parte das fins de semana, adecuación ás xornadas de traballo para facilitar periódicas visitas ó seu domicilio, concesións de permisos periódicos, subvención de desprazamento dos seus familiares, etc.

Nos supostos de non se chegar a acordo nesta materia, observarase o disposto nos artigos 40.4º do Estatuto dos traballadores, tendo dereito a un mínimo de 4 días laborables de estadía no seu domicilio de orixe por cada 3 meses de desprazamento, sen computar como tales os gastos de viaxe, que serán por conta do empresario.

Por acordo individual poderase pacta-la acumulación destes días, engadíndose, incluso, ás vacacións anuais.

Nos supostos de desprazamento xerarase o dereito, ademais de á totalidade das retribucións económicas que habitualmente viñese percibindo, ás axudas de custo e gastos de viaxe que proceda.

Se por necesidade ou conveniencia da empresa o traballador tivese que se desprazar a presta-lo seu labor noutros centros de traballo que puidesen existir ou noutras empresas, o tempo investido no desprazamento deberá caer dentro da xornada establecida.

Se, como consecuencia do desprazamento, tivese que iniciarse a viaxe antes de dar comezo a súa xornada, ou se como consecuencia do regreso ó seu punto de partida este se producise unha vez superada a hora oficial de terminación da xornada, o traballador percibirá o tempo de exceso de xornada como horas extraordinarias.

Artigo 26º.-Traslados.

Coa finalidade de poder cubrir outros posibles centros de traballo que puidese te-la empresa, recóllese neste convenio o concepto de traslado.

Considerarase como tal a adscrición definitiva dun traballador a un centro de traballo da empresa distinto daquel no que viña prestando os seus servicios, e que requira cambio da súa residencia habitual.

Por razóns económicas, técnicas, organizativas ou productivas que o xustifiquen, ou ben por contratacións referidas á actividade empresarial, a empresa poderá, de acordo co traballador, proceder ó seu traslado a un centro de traballo distinto dela con carácter definitivo.

No suposto de traslado, o traballador será avisado previamente con, alomenos, 30 días de antelación por escrito.

Neste suposto devengaranse os gastos de viaxe do traballador e a súa familia, os gastos de traslado de mobles e pertenzas e cinco axudas de custo por cada persoa que viaxa dos que compoñan a familia e convivan co desprazado.

Capítulo V

Tempo de traballo

Artigo 27º.-Xornada anual de traballo.

A xornada laboral anual será de 1.745 horas para o ano 2001, para aqueles traballadores cun nivel

de absentismo que non supere o 5% durante o período desde o 1 de xaneiro de 2001 ó 30 de novembro do mesmo ano. Para aqueloutros traballadores cun índice de absentismo que supere o 5%, a súa xornada anual de traballo sería de 1.750 horas anuais.

A xornada laboral anual será de 1.745 horas para o ano 2002.

Artigo 28º.-Horario.

O horario de traballo establécese, con carácter xeral, para a totalidade do persoal, coa exclusiva excepción do persoal de vixilancia de factoría e persoal con contratos que recollan horarios diferentes, e durante os doce meses do ano como a seguir se indica:

De luns a venres das 8 ás 13 horas.

E das 14 ás 17.15 horas.

As horas que se citan son indicativas do efectivo comezo e remate do traballo, polo que a non- -presentación no posto de traballo á hora de comezo indicada ou o abandono del antes do remate, terá a consideración de infracción por incumprimento do convenio.

O exceso de xornada semanal sobre a establecida legalmente destínase ó desfrute de pontes, xornada reducida de verán (venres) e outros descansos.

Establecerase de común acordo o calendario laboral para os anos 2001 e 2002.

Artigo 29º.-Vacacións.

O réxime de vacacións anuais retribuídas do persoal afectado por este convenio será de 30 días naturais para tódolos traballadores.

As vacacións anuais non poderán ser compensadas en metálico e o seu desfrute é obrigatorio.

A empresa poderá organizar quendas de vacacións en función da carga e urxencia dos traballos en curso que se van realizar.

Todo o persoal será informado, cun mínimo de dous meses ó comezo das súas vacacións, do período que lle corresponde.

Establecerase, de común acordo, o calendario laboral para os anos 2001 e 2002.

Capítulo VI

Licencias, excedencias e xubilacións

Artigo 30º.-Licencias retribuídas.

O traballador, logo de aviso e xustificación posterior, poderá faltar ó traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e durante o tempo que a continuación se expón:

1. Quince días naturais en caso de matrimonio.

2. Tres días naturais por nacemento de fillo legalmente recoñecido, que poderán ser prorrogados por un día máis en caso de xustificada enfermidade,

cando o traballador necesite realizar un desprazamento para o efecto, garantíndose que destes tres días dous serán laborables.

3. Cinco días naturais por falecemento de cónxuxe ou fillos.

4. Catro días naturais por falecemento de pais, sogros e irmáns, que se poderán ampliar a un día máis, cando medie necesidade de desprazamento para o efecto.

5. Dous días laborables por falecemento de avós, avós políticos, noras, xenros, netos, cuñados, que se poderán ampliar a catro días naturais, cando medie necesidade de desprazamento para o efecto.

6. Tres días naturais en caso de grave enfermidade dos familiares comprendidos nos puntos 3, 4 e 5.

7. Durante un día por traslado do seu domicilio habitual.

8. Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, observarase o que dispoña en canto á duración da ausencia e compensación económica.

9. Falecemento por accidente durante a xornada laboral dun compañeiro de traballo: todo o persoal o resto da xornada laboral.

10. Por enterro dun traballador de Metalships & Docks, S.A.: unha representación dos traballadores ata un máximo de cinco, polo tempo necesario para a asistencia ó enterro.

11. Un día natural por matrimonio de pais, irmáns, fillos e netos.

Artigo 31º.-Licencias sen soldo.

Se avisa coa debida antelación e é aceptada pola empresa de non supor unha alteración importante dos medios productivos, o traballador poderá solicitar licencia sen soldo por causa xustificada ou ampliación das do artigo 23º.

A duración desta licencia será a necesaria e será determinada entre a empresa e o traballador.

Artigo 32º.-Asistencia a consultas médicas.

O traballador, logo de aviso e xustificación posterior polo facultativo, poderá falta-lo traballo ou ausentarse del con dereito a toda a súa remuneración por un máximo de tres horas para a asistencia á consulta do médico de cabeceira da Seguridade Social, e polo tempo imprescindible, no caso de asistencia á consulta de especialista da Seguridade Social.

No caso de consulta ó médico de cabeceira terá unha limitación de 25 horas anuais.

Tamén poderán faltar ó traballo para asistir á consulta de médicos privados, logo de aviso e xustificación posterior, cun máximo de 3 horas.

Artigo 33º.-Suspensión con reserva do posto de traballo.

A suspensión afectará, en aplicación do punto 1.d) do ET, ós seguintes supostos:

Maternidade: risco durante ou embarazo da muller traballadora e adopción ou acollemento preadoptivo ou permanente de menores de seis anos.

Será de aplicación o establecido no punto 4º do artigo 48 do ET para suspensións por nacementos, adopción ou acollemento e o establecido no punto 5 do artigo 48 do ET para suspensións por riscos durante o embarazo. Neste caso, a empresa complementará ata o 100% da base reguladora da prestación.

Artigo 34º.-Reducción da xornada por motivos familiares.

a) Permiso por lactación dun fillo menor de nove meses.

As traballadoras, por lactancia dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que podrán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da súa xornada normal nunha hora coa mesma finalidade.

Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou polo pai en caso de que ambos traballen.

b) Reducción da xornada por garda legal de menores e outros supostos:

En aplicación do artig 37.5º do E.T. quen por razóns de garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou un minusválido físico, psíquico ou sensorial, que non desempeñe unha actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario entre, alomenos un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

Terá o mesmo dereito quen precise encargarse do cuidado directo dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non se poida valer por si mesmo e que non desempeñe actividade retribuída.

A reducción da xornada contemplada neste epígrafe constitúe un dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores da empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

A concreción horaria e a determinación do período de desfrute do período de lactación e da reducción de xornada previstos nos parágrafos anteriores corresponderá ó traballador, dentro da súa xornada ordinaria. O traballador deberá preavisar o empresario, con 15 días de antelación, da data en que se reincorporará á súa xornada ordinaria.

Artigo 35º.-Excedencia por coidado de fillos e familiares.

Os traballadores cunha antigüidade na empresa de alomenos un ano, terán dereito a que se lles recoñeza a posibilidade de se situar en excedencia voluntaria por un prazo non menor a dous anos e non maior a cinco. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

Os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza, como por adopción, ou nos supostos de acollemento, tanto permanente como preadoptivo, contado desde a data do nacemento ou, se é o caso, da resolución xudicial ou administrativa.

Tamén terán dereito a un período de excedencia non superior a un ano os traballadores para atende-lo coidado dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non se poida valer por si mesmo, e non desempeñe actividade retribuída.

A dita excedencia constitúe un dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores da empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

Cando un novo suxeito causante dese dereito a un novo período de excedencia, o seu inicio dará fin ó que, se é o caso, se viñese desfrutando.

O período en que o traballador permaneza en situación de excedencia conforme o establecido neste artigo será computable para efectos de antigüidade e o traballador, durante o primeiro ano, terá dereito á reserva do seu posto de traballo.

Artigo 36º.-Excedencias.

1. Excedencia forzosa.

A excedencia forzosa concederase por designación ou elección para un cargo público ou sindical que imposibilite a asistencia ó traballo, e dará lugar ó dereito á conservación do posto de traballo e ó cómputo da antigüidade da súa vixencia. O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público ou sindical; este dereito perderase se se fai transcorrido este prazo.

2. Excedencia voluntaria.

O traballador cunha antigüidade na empresa de alomenos un ano terá dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de se situar en excedencia voluntaria por un prazo non menor a dous anos e non maior a cinco. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

A petición de excedencia será formulada por escrito e presentada á empresa cun mes de antelación, como mínimo, á data en que se solicite comenzala e a empresa dará recibo da presentación.

A concesión da excedencia por parte da empresa efectuarase tamén en comunicación escrita.

A incorporación ó posto de traballo deberá ser notificada polos traballadores cun mes de antelación á data de finalización do desfrute da excedencia. A notificación farase por escrito e a empresa estará obrigada a xustifica-la recepción do escrito.

Notificada a reincorporación nas condicións indicadas, será admitido o traballador nas mesmas condicións que rexían no momento da iniciación da excedencia.

Artigo 37º.-Servicio militar.

O traballador que se incorpore a filas con carácter obrigatorio polo tempo mínimo de duración deste, terá reservado o seu posto de traballo durante o tempo en que permaneza cumprindo o servicio militar e dous meses máis, computándose todo este tempo para efectos de antigüidade na empresa.

Poderanse reintegrar ó traballo os licenciados do servicio militar con permiso temporal superior a un mes e é potestativo da empresa facelo cos que desfrutan permiso de duración inferior ó sinalado, sempre que en ámbolos casos medie a oportuna autorización militar para poder traballar.

O traballador fixo que ocupe a vacante temporal dun compañeiro en servicio militar, ó regreso deste volverá ó seu antigo posto na empresa.

A non reincorporación do traballador fixo en servicio militar dentro do prazo de reserva do seu posto dará lugar á rescisión do seu contrato de traballo.

Artigo 38º.-Xubilación.

A empresa e os traballadores poderán pactar, logo de existencia de común acordo por ámbalas partes, xubilacións anticipadas ou prexubilacións.

Artigo 39º.-Xubilación forzosa.

Como política de fomento de emprego e independentemente do previsto no artigo anterior, establécese a xubilación forzosa ós 65 anos de idade, salvo pacto individual en contrario, dos traballadores que teñan cuberto o período mínimo legal de carencia para obtela.

Capítulo VII

Seguridade e hixiene, saúde laboral

Artigo 40º.-Seguridade e hixiene no traballo.

A protección da saúde dos traballadores constitúe un obxectivo básico e prioritario das partes asinantes e consideran que para acadalo se require o establecemento e a planificación dunha acción preventiva no centro de traballo e na empresa que teñan como fin a eliminación ou a reducción dos riscos na súa orixe, a partir da súa avaliación, adoptando as medidas necesarias, tanto na corrección da situación existente como na evolución técnica e organizativa da empresa, para adapta-lo traballo á persoa e protexe-la súa saúde.

Para a designación dos servicios de prevención, delegados de prevención, comité de seguridade e saúde, e en cantas materias afecten á prevención da saúde e á seguridade dos traballadores, serán de aplicación as disposicións contidas na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e normativa concordante.

Artigo 41º.-Recoñecementos.

A empresa estará obrigada a realizar un recoñecemento médico anual, como mínimo, para todo o persoal, dentro da xornada laboral.

Este recoñecemento médico será coordinado polo departamento de recursos humanos e o servicio médico da empresa.

Artigo 42º.-Roupa de traballo.

A empresa dotará o seu persoal da adecuada roupa de traballo.

O persoal obreiro percibirá dúas fundas cada ano e, se fose necesario, logo de xustificación, seralle proporcionado un terceiro. As ditas dúas fundas mínimas serán entregadas dunha soa vez dentro dos dous primeiros meses de cada ano natural e tamén ó inicio dunha contratación.

En relación co calzado, o empresario dotará o traballador dun par de botas de seguridade, como mínimo, que o protexan dos riscos que a súa actividade poida provocar, e sempre que tal actividade requira estas roupas de protección.

Proverase de roupa e calzado impermeable o persoal que teña que realizar labores continuos á intemperie en réxime de choivas frecuentes, así como tamén os que tivesen que actuar en lugares notablemente encharcados ou enlamados. En contactos con ácido dotarase o traballador de roupa adecuada.

Así mesmo, dotarase o persoal técnico e administrativo que o solicite da roupa adecuada para a realización das súas tarefas (bata...).

En calquera caso, as roupas (EPIS) terán que te-la aprobación do Servicio de Prevención de Riscos Laborais.

Para aqueles traballos que o requiran, por unha especial sucidade, disporase dun stock de fundas para tal cometido e a súa limpeza será responsabilidade da empresa. Especialmente refírese a engraxamento de guindastres, limpeza de cárteres, limpeza de tanques, montaxe de tubos impregnados en aceitte e traballos a criterio do xefe de departamento.

Ó traballador que realice o seu labor con lentes graduados, a empresa terá que lle proporcionar uns, sempre que en función ó traballo que realice os rompese ou sufrisen deterioración que impida seguir usándoos.

Se o traballador necesita cristais correctores proporcionaránselle anteollos protectores coa adecuada gradación óptica ou outros que poidan ser superpostos ós graduados do propio interesado.

Artigo 43º.-Capacidade diminuída.

Todos aqueles traballadores que por accidente de traballo, enfermidade profesional ou común de longa duración, con reducción das súas facultades físicas ou intelectuais, sufran unha capacidade diminuída, terán preferencia para ocupa-los postos máis aptos, en relación ás súas condicións, que existan na empresa, sempre que teñan a aptitude ou idoneidade para o novo posto.

Capítulo VIII

Percepcións económicas (concepto, estructura, compensacións, indemnizacións)

Artigo 44º.-Sistema retributivo e pagamento de retribucións.

As retribucións anuais do persoal comprendido neste convenio estarán constituídas polo salario base, os complementos e complementos del.

As retribucións que perciban tódolos traballadores por tódolos conceptos enumerados terán a consideración de retribucións brutas anuais e, polo tanto, inclúen dúas pagas extraordinarias, que serán distribuídas en doce meses.

En canto ós anticipos, observarase o disposto na lexislación vixente. Estes solicitaranse con 48 horas de anticipación, no departamento de RR.HH.

Artigo 45º.-Descrición das retribucións.

As retribucións anuais do persoal estarán formadas polos seguintes conceptos:

a) Salario base.

b) Complemento persoal non absorbible.

c) Complemento de antigüidade.

d) Complemento de puntualidade.

e) Complemento de convenio.

f) Complemento de producción.

Artigo 46º.-Salario base.

A táboa de salarios base mínima anual para o 2001 por cada grupo profesional é a seguinte:

Grupo 13.880.121

Grupo 23.314.890

Grupo 32.788.863

Grupo 42.643.078

Grupo 52.489.850

Grupo 62.374.845

Grupo 72.260.035

Grupo 82.189.705

Grupo 92.121.125

Grupo 101.861.910

Grupo 111.762.541

Aprendices851.425

Para o ano 2002 o incremento será do IPC máis un punto sobre as táboas do salario base convenio do ano 2001, reflectidas na táboa anterior.

Artigo 47º.-Axuda de custo de alimentación.

Establécese para o ano 2001 unha axuda de custo de alimentación de 475 ptas. por día de asistencia ó traballo; e para o ano 2002 será de 500 ptas./día.

Esta axuda de custo aplicarase soamente ó persoal que preste os seus servicios no horario de luns a venres das 8 ás 13 horas e das 14 ás 17.15 horas.

Artigo 48º.-Complemento persoal non absorbible.

Co fin de salvagarda-lo dereito adquirido polos traballadores a título persoal, en función da súa procedencia de orixe, a empresa continuará aboando o complemento persoal non absorbible (CPNA). Estas cantidades non poderán ser absorbidas ou compensadas por outros conceptos retributivos, agás acordo entre o traballador e a empresa.

Artigo 49º.-Complemento de antigüidade.

Establécese un complemento de antigüidade para tódolos traballadores de 36.000 pesetas/ano por quinquenio tanto para o ano 2001 como para 2002, pagadoiro en doce mensualidades de igual contía e calculado en función da data de alta na empresa da seguinte maneira:

Alta do 1 ó 15: a antigüidade considérase desde o día 1 do mes en que se cumpre o quinquenio.

Alta do 16 á fin de mes: a antigüidade considérase desde o día 1 do mes seguinte en que se cumpre o quinquenio.

Artigo 50º.-Complemento de puntualidade.

Aboarase un complemento de puntualidade, consistente nun 3,35% calculado sobre o salario base e pagadoiro en doce mensualidades de igual contía.

A súa percepción estará suxeita á normativa seguinte:

Descontarase por falta de puntualidade:

-1 Falta: se nos dous meses naturais anteriores non tivo ningunha: cero; se tivo falta: 10%.

-2 Faltas: 25%.

-3 Faltas: 50%.

-4 Faltas: 100%.

Artigo 51º.-Complemento convenio.

Constitúese un complemento convenio anual que quedará establecido para o ano 2001 e 2002 da seguinte forma:

Ano 2001Ano 2002

Grupo 1150.000180.000

Grupo 2135.000162.000

Grupo 3130.000156.000

Grupo 4 55.980 67.176

Grupo 5 51.900 62.280

Grupo 6 48.000 57.600

Grupo 7 44.400 53.280

Grupo 8 42.000 50.400

Grupo 9 36.000 43.200

Grupo 10 32.040 38.448

Grupo 11 28.020 33.624

O dito complemento será de aplicación a tódolos traballadores que á data do asinamento deste convenio non perciban nin CPNA nin gratificación voluntaria.

Para os grupos 1 e 2 o criterio será o seguinte: pagarase complemento convenio sempre e cando as percepcións do traballador por salario base real e complemento non superen o salario base, segundo a táboa convenio e o complemento convenio previstos para o seu grupo.

No caso de que as contías que perciban de CPNA ou gratificación voluntaria sexan inferiores ás sinaladas anteriormente, estas serán completadas ata alcanza-la contía total prevista para o seu grupo.

Artigo 52º.-Complemento producción.

O complemento de producción constitúese como un concepto retributivo ligado á asistencia. Os seus importes anuais para os anos 2001 e 2002 quedan establecidos da seguinte forma:

Ano 2001Ano 2002

Grupo 4108.000116.100

Grupo 5102.000109.650

Grupo 693.600100.620

Grupo 790.00096.750

Grupo 885.80092.235

Grupo 978.00083.850

Grupo 1072.00077.400

Grupo 1166.00070.950

Este complemento reducirase ou cancelarase da forma seguinte:

Ano 2001Ano 2002

Grupo 460 ptas./hora66 ptas./hora

Grupo 558 ptas./hora63 ptas./hora

Grupo 653 ptas./hora58 ptas./hora

Grupo 751 ptas./hora55 ptas./hora

Grupo 849 ptas./hora53 ptas./hora

Grupo 944 ptas./hora48 ptas./hora

Grupo 1041 ptas./hora44 ptas./hora

Grupo 1137 ptas./hora41 ptas./hora

Aplicable a calquera ausencia exceptuando accidentes de traballo e período de vacacións.

Artigo 53º.-Axudas de custo, desprazamentos e aloxamentos.

Os traballadores que, por necesidade da empresa, teñan que efectua-los desprazamentos ou as viaxes a poboacións distintas daquela onde radique o centro de traballo, percibirán no ano 2001:

a) Unha axuda de custo de mantenza e aloxamento de acordo co seguinte criterio e distribución:

-Realizando unha comida fóra e pernoitando no seu domicilio, 1.965 ptas.

-Realizando dúas comidas fóra e pernoitando no seu domicilio: 3.350 ptas.

-Por pernoita e almorzo fóra de domicilio: 4.275 ptas.

b) Os gastos de locomoción serán por conta da empresa, a cal establecerá o medio de transporte máis idóneo.

Se entre a empresa e o traballador se acorda que o desprazamento sexa en vehículo propio do traballador, establécese unha compensación de 36 ptas. por quilómetro, co que quedan cubertos tódolos factores do custo, agás a peaxe de autoestrada.

c) Se o desprazamento ou a viaxe non orixina gasto ningún por locomoción, mantenza, aloxamento, etc., por asumilo na súa totalidade, a empresa non aboará ningúna cantidade por estes conceptos.

Se por realización de traballos dentro da localidade onde se encontra o centro de traballo, o traballador se encontrase realizando horas extraodinarias, na que se vise imposibilitado do desprazamento ó eu domicilio para efectua-las comidas ou ceas, a empresa aborará por cada unha delas a cantidade de 885 ptas.

Ademais da compensación por gastos de viaxe e desprazamento, establécese:

1. Por día pernoitado fóra do domicilio, aboaráselle ó traballador o valor de dúas horas extras, pagadas como tales horas extras, sen compensalas por tempo de descanso, máis as horas traballadas que excedan de 8 h 15 mm.

2. As horas da viaxe e consideraranse todas como horas normais traballadas, excepto sábados, domingos, festivos e pontes, que serán consideradas como horas extras.

3. Cando o traballador vaia navegando, 24 ou máis horas en buque en garantía ou reparacións, con aloxamento e mantenza a bordo, considerarase traballada a xornada completa nos días laborables, e ademais recibirá unha gratificación de 5.535 ptas./día.

Ós sábados, domingos, festivos e pontes, daráselle-lo mesmo tratamento, en canto ás horas, como se se traballase en factoría, recibíndose, así mesmo, a cantidade de 5.535 ptas. por día como gratificación, coa excepción do punto 3.

Estas contías referenciadas serán de aplicación no ano 2001. A aplicación será idéntica para o ano 2002, incrementándose as súas contías no IPC.

Artigo 54º.-Traballos tóxicos, penosos e perigosos.

Se, malia os medios dispostos e as medidas tomadas, se presentase de forma puntual un traballo considerado tóxico, penoso ou perigoso, aboaráselle ó persoal afectado e polo tempo que dure este traballo un complemento do 10% do salario base, de acordo coa lexislación vixente.

Artigo 55º.-Seguro de vida, invalidez e accidente.

Manterase o seguro colectivo de vida, invalidez e accidente, por conta da empresa durante a vixencia deste convenio e os valores asegurados para o ano 2001 serán os seguintes:

Falecemento: 2.100.000 pesetas.

Invalidez absoluta e permanente 2.100.000 pesetas.

Morte por accidente 2.100.000 pesetas.

Morte por accidente de circulación 2.100.000 pesetas.

E para o ano 2002 os valores anteriores incrementaranse en 100.000 ptas.

Como nota aclaratoria, cómpre sinalar que en caso de falecemento o traballador cobraría:

Por falecemento 2.100.000 ptas. Se o falecemento é por accidente cobraría 2.100.000 ptas. por falecemento máis 2.100.000 ptas. por accidente; a contía para percibir sería de 4.200.000 ptas.

No caso de que fose por accidente de circulación, cobraría o seguinte: 2.100.000 ptas. por falecemento, máis 2.100.000 ptas. por falecemento por accidente, máis 2.100.000 ptas. por morte por accidente de circulación, co cal, cobraría 6.300.000 ptas.

Artigo 56º.-Horas extraordinarias.

Terán a consideración de horas extras aquelas que excedan da duración da xornada de traballo a que se refire o artigo 28º.

A iniciativa do traballo en horas extras correspóndelle á empresa e a libre aceptación ou denegación ó traballador, coa excepción daqueles casos nos que a súa non realización lle produza á empresa graves prexuízos e/ou impida a continuidade da producción e/ou sexan causas de forza maior que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros análogos dos que a non realización produza evidentes e graves prexuízos á propia empresa ou a terceiros, así como en caso de risco de perda de materias primas.

As horas extras motivadas por causa de forza maior e as estructurais notificaránselle mensualmente á autoridade laboral, conxuntamente entre empresa e comité de empresa, para os efectos de obte-la reducción de recargas de cotización.

Horas extras estructurais son aquelas necesarias por perdas ou períodos puntas de producción, ausencias impostas, cambio de quenda, mantemento ou traballos urxentes derivados da natureza de determinadas actividades, probas, manobra de buques, botaduras, varadas e outros supostos similares.

1. Horas extras normais.

Son as realizadas desde as 6 ás 22 horas, e que excedan da xornada normal do traballador. O seu valor establécese na táboa seguinte.

Ano 2001Ano 2002

Grupo 42.051 ptas./hora2.153 ptas./hora

Grupo 51.929 ptas./hora2.031 ptas./hora

Grupo 61.842 ptas./hora1.939 ptas./hora

Grupo 71.800 ptas./hora1.857 ptas./hora

Grupo 81.732 ptas./hora1.789 ptas./hora

Grupo 91.665 ptas./hora1.728 ptas./hora

Grupo 101.529 ptas./hora1.529 ptas./hora

Grupo 111.458 ptas./hora1.458 ptas./hora

2. Horas extras nocturnas, en sábados, domingos e festivos.

Consideraranse horas extras nocturnas as comprendidas entre as 22 horas e as 6 horas do día seguinte.

O valor das horas citadas no subtítulo establécese na táboa seguinte, no cal está incluído o complemento de nocturnidade.

Ano 2001Ano 2002

Grupo 42.440 ptas./hora2.511 ptas./hora

Grupo 52.250 ptas./hora2.370 ptas./hora

Grupo 62.166 ptas./hora2.260 ptas./hora

Grupo 72.106 ptas./hora2.163 ptas./hora

Grupo 81.996 ptas./hora2.088 ptas./hora

Grupo 91.909 ptas. /hora2.016 ptas./hora

Grupo 101.695 ptas./hora1.784 ptas./hora

Grupo 111.614 ptas./hora1.689 ptas./hora

3. Xornada completa en sábados, domingos ou festivos.

Será aboada cun incremento do 10% sobre o salario base, CPNA, complemento convenio e complemento de puntualidade, non traballándose ó día seguinte, considerándose este como permiso retribuído. No caso dos días festivos se o día seguinte fose xornada de sábado, domingo, festivo ou ponte, a xornada realizada será considerada como horas extras, segundo o punto 53.2.

4. Xornada completa de noite.

Será aboada cun incremento do 25% sobre o salario base, CPNA, complemento convenio e complemento de puntualidade. Nesta porcentaxe está incluído o complemento de nocturnidade. Non traballando o día seguinte, considerándose este como permiso retribuído. Se o día seguinte fose sábado, domingo, festivo ou ponte, a xornada realizada será considerada como horas extras, segundo o punto 53.2.

5. Traballos en días de «ponte».

As horas de traballo realizadas durante estes días pagaranse como horas extras, conforme o establecido no punto 53.1 e 53.2.

O 50% das horas extras realizadas por cada traballador, de luns a venres, serán compensadas por tempo de descanso retribuído, a razón de 1,25 horas por cada hora, acumulándose para ser desfrutadas en días ou medios días.

Unha vez acumuladas as horas dun mes, as ditas horas poderán ser desfrutadas dentro dun prazo de 3 meses. No caso de non poder desfrutalas no dito prazo, estas serían aboadas ó traballador na nómina do mes seguinte de finaliza-lo dito prazo de 3 meses.

Capítulo IX

Código de conducta laboral

Artigo 57º.-Código de conducta.

A dirección da empresa poderá sanciona-las accións ou omisións culpables dos traballadores/as

que supoñan un incumprimento contractual dos seus deberes laborais, de acordo coa gradación das faltas que se establece nos artigos seguintes.

Correspóndelle á empresa, en uso da facultade de dirección, impoñer sancións nos termos estipulados neste acordo.

A sanción das faltas requirirá comunicación por escrito ó traballador, facendo consta-la data e os feitos que o motivaron. Ó mesmo tempo, a empresa daralles conta ós representantes legais dos traballadores de toda sanción por falta grave e moi grave que se impoña.

Imposta a sanción, o seu cumprimento temporal poderase dilatar ata sesenta días despois da data da súa imposición.

Artigo 58º.-Gradación de faltas.

Toda falta cometida polos traballadores/as clasificarase, atendendo á súa transcendencia ou intención, en leve, grave e moi grave.

Artigo 59º.-Faltas leves.

Considéranse faltas leves as seguintes, entre outras:

1. O incumprimento inxustificado do horario de traballo cando non supoña falta grave.

2. Non notificar previamente, ou dentro das 24 horas seguintes á falta, a razón da ausencia ó traballo, a non ser que se probe a imposibilidade de telo efectuado.

3. O abandono do posto de traballo sen causa fundada, mesmo cando sexa por breve tempo. Se, como consecuencia del, se orixinase prexuízo dalgunha consideración á empresa, ou fose causa de accidente ós seus compañeiros de traballo, esta falta poderá ser considerada como grave ou moi grave, segundo os casos.

4. Pequenos descoidos na conservación do equipo e do material.

5. Non utilización da roupa de traballo obrigatoria.

6. Non atende-lo público, compañeiros, subordinados ou superiores coa corrección e dilixencias debidas, se é o caso.

7. Non lle comunicar á empresa os cambios de residencia e domicilio.

8. As discusións sobre asuntos estraños ó traballo dentro das dependencias da empresa. Se tales discusións producisen escándalo notorio, poderán ser consideradas como faltas graves o moi graves.

9. Faltar ó traballo un día ó mes sen causa xustificada.

10. Falta de aseo e limpeza persoal.

11. A inasistencia ós cursos de formación teórica ou práctica, dentro da xornada ordinaria de traballo, sen a debida xustificación.

Artigo 60º.-Faltas graves.

Considéranse faltas graves as seguintes, entre outras:

1. Máis de tres faltas non xustificadas de puntualidade, superiores a cinco minutos, na asistencia ó traballo nun período de trinta días naturais e de seis faltas, calquera que sexa o atraso, no mesmo período.

2. Ausencia sen causa xustificada, por dous días durante un período de trinta días naturais. Abondará unha soa falta cando tivese que relevar a un compañeiro cando, como consecuencia dela, se causase prexuízo dalgunha consideración á empresa, sen aviso a ela durante a primeira hora de traballo.

3. Non comunicar, coa puntualidade debida, os cambios experimentados na familia que poidan afectar á Seguridade Social. A falta maliciosa nestes datos considérase como falta moi grave.

4. O falseamento ou omisión maliciosa dos datos que tivesen incidencia tributaria ou na Seguridade Social.

5. Entregarse a xogos ou distraccións nas horas de traballo.

6. A simulación de enfermidade ou accidente.

7. A desobediencia ós seus superiores en calquera materia de traballo. Se implicase quebranto manifesto da disciplina ou dela se derivase prexuízo notorio para a empresa, poderá ser considerada como falta moi grave.

8. Disimula-la presencia doutro traballador, fichando, contestando ou asinando por el.

9. Neglixencia ou desidia no traballo que afecte á boa marcha do servicio.

10. A imprudencia en acto de traballo, se implicase risco de accidente para o traballador, para os seus compañeiros ou perigo de avaría para as instalacións, poderá ser considerada como moi grave. En tódolos casos, considerarase imprudencia en acto de servicio o non-uso das roupas de seguridade e aparellos de seguridade de carácter obrigatorio.

11. Realizar, sen o oportuno permiso, traballos particulares durante a xornada, así como empregar ferramentas da empresa para usos propios.

12. A reincidencia en falta leve (excluída a puntualidade) aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun trimestre e mediada comunicación escrita.

13. As accións ou omisións dirixidas a evadi-los sistemas de control de horarios ou a impedir que sexan detectados os incumprimentos inxustificados da xornada de traballo.

14. Calquera atentado contra a liberdade sexual dos traballadores/as que se manifeste en ofensas verbais ou físicas, falta de respecto á intimidade ou á dignidade das persoas.

Artigo 61º.-Faltas moi graves.

Considéranse faltas moi graves as seguintes, entre outras:

1. Máis de doce faltas non xustificadas de puntualidade, cometidas nun período de seis meses ou vintecatro durante un ano.

2. A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas, e o furto ou roubo, tanto á empresa coma ós compañeros de traballo ou a calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa ou durante o traballo en calquera outro lugar.

3. Facer desaparecer, inutilizar, destrozar ou causar desperfectos en primeiras materias, útiles, ferramentas, maquinaria, aparellos, instalacións, edificios, pertenzas e documentos da empresa.

4. A condena por delicto de roubo, furto, estafa ou malversación cometidos fóra da empresa, por calquera outra clase de feito que poidan implicar para esta desconfianza respecto ó seu autor e, en todo caso, a de duración superior a seis anos dictada polos tribunais de xustiza.

5. A continuada e habitual falta de aseo e limpeza de tal índole que produza queixas xustificadas dos seus compañeiros de traballo.

6. A embriaguez ou toxicomanía se repercute negativamente no traballo.

7. Viola-lo segredo da correspondencia ou documentos reservados da empresa ou revelarlle, a elementos estraños a ela, datos de reserva obrigada.

8. Os malos tratos de palabra ou obra, abuso de autoridade, falta grave de respecto e consideración ós xefes, compañeiros e subordinados, o ós seus familiares.

9. Causar accidentes graves por neglixencia ou imprudencia.

10. Abandona-lo traballo en posto de responsabilidade.

11. A diminución voluntaria e continuada no rendemento normal do traballo sempre que non estea motivada polo exercicio de dereito ningún recoñecido polas leis.

12. Orixinar frecuentes rifas e regueifas cos compañeiros de traballo.

13. A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, sempre que se cometa dentro dos seis meses seguintes de se produci-la primeira.

14. O abuso de autoridade que se puidese cometer por parte dos mandos ou con delegación de mando, será sempre considerado como falta moi grave e sancionada en consecuencia, entendendo polo dito abuso o que cometa un feito arbitrario con infracción manifesta e deliberada dunha norma ou precepto legal que prexudique notoriamente a un inferior.

15. As faltas inxustificadas de asistencia ó traballo, durante 3 días consecutivos ou 5 alternos, nun período de 30 días.

16. Os atentados contra a liberdade sexual que se produzan aproveitándose dunha posición de superioridade laboral, ou que se exerzan sobre persoas especialmente vulnerables pola súa situación persoal ou laboral.

Artigo 62º.-Réxime de sancións. Sancións.

As sancións máximas que se poderán impoñer pola comisión das faltas sinaladas son as seguintes:

a) Por faltas leves:

-Amoestación por escrito.

b) Por faltas graves:

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo de dous a vinte días.

c) Por faltas moi graves:

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo de vinteún a sesenta días.

-Despedimento.

Artigo 63º.-Prescrición.

Dependendo da súa gradación, as faltas prescriben ós seguintes días:

-Faltas leves: dez días.

-Faltas graves: vinte días.

-Faltas moi graves: sesenta días.

A prescrición das faltas sinaladas empezará a contar a partir da data en que a empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de se cometer.

Capítulo X

Dereitos sindicais, formación

Artigo 64º.-Acción sindical.

Sen prexuízo do disposto na lexislación vixente, os traballadores desfrutarán das seguintes garantías sindicais:

A empresa daralles conta das novas contratacións que realicen ós representantes legais dos traballadores.

A empresa dotará a representación sindical dun taboleiro de anuncios para a inserción de propaganda sindical. En canto á súa inserción, observarase o disposto no Estatuto dos traballadores.

Logo de existencia de común acordo entre a empresa, os sindicatos e os representantes dos traballadores, poderase pacta-la acumulación mensual de horas sindicais nun só representante.

Dentro das formalidades previstas nos artigos 77 e seguintes do Estatuto dos traballadores, a empresa

facilitará o exercicio de reunións informativas fóra da xornada laboral e durante dúas horas ó mes.

Cada un dos representantes sindicais poderá dispoñer dun crédito de horas mensuais retribuídas para o exercicio das súas funcións de representación, de acordo coa seguinte escala:

-Ata 100 traballadores: 15 horas.

-De 101 a 250 traballadores: 20 horas.

Quedarán incluídas neste crédito as horas destinadas a asistir ás convocatorias sindicais que, en todo caso, deberán ser correctamente realizadas.

Artigo 65º.-Formación.

Os traballadores poderán asistir a cursos de formación xeral por eles decididos. Logo de xustificación da súa matrícula, a empresa facilitará, na medida do posible, as quendas de traballo máis axeitadas para a realización dos ditos estudios.

Artigo 66º.-Formación profesional.

Ós traballadores que participen en cursos de formación continua teráselles en conta estes para efectos de promoción interna e o acceso a categorías superiores.

Capítulo XI

Comisión paritaria, lexislación subsidiaria

Artigo 67º.-Comisión paritaria e de vixilancia.

Constituirase unha comisión mixta como órgano de interpretación, conciliación e vixilancia do cumprimento deste convenio.

A comisión mixta estará composta por catro membros, dous representantes dos traballadores e dos representantes da empresa, que, de entre eles, elixirán un secretario que actuará de moderador.

Cantas dúbidas e diverxencias poidan xurdir entre as partes respecto á interpretación das súas cláusulas, serán sometidas ó dictame obrigatorio da dita comisión, como trámite previo e necesario a calquera denuncia do convenio.

Esta comisión poderá solicitarlles asesoramento en caso de discrepancia ós organismos competentes (AGA, SMAC, etc.).

A convocatoria de reunión da comisión mixta poderá ser requirida por calquera das partes, reunión que terá lugar nun prazo máximo de 72 horas. A comisión deberá resolver, nun prazo máximo de 15 días, posteriores á reunión.

No suposto de non existir acordo, elevaráselle a acta cos resultados das interpelacións á autoridade laboral competente.

ANEXO I

Definición dos grupos profesionais

A pertenza a un determinado grupo profesional vén definida polos seguintes factores:

a) Autonomía. Factor para a valoración do cal se deberá ter en conta a maior ou menor dependencia

xerárquica no desempeño da función que se desenvolva.

b) Mando. Factor para a valoración do cal se deberá ter en conta:

I) Capacidade de ordenación de tarefas.

II) Capacidade de interrelación.

III) Natureza do colectivo.

IV) Número de persoas sobre as que se exerce o mando.

c) Responsabilidade. Factor para a valoración do cal se deberá ter en conta tanto o grao de autonomía de acción do titular da función como o grao de influencia sobre os resultados e importancia da conveniencia da xestión.

d) Coñecementos. Factor para a valoración do cal se deberá ter en conta, ademais da formación técnica necesaria para cumprir correctamente o cometido, o grao de coñecemento e experiencia adquiridos, así como a dificultade na adquisición dos ditos coñecementos ou esixencias.

e) Iniciativa. Factor para a valoración do cal se deberá ter en conta o maior ou menor sometemento a directrices ou normas para a execución da función.

f) Complexidade. Factor do que a valoración estará en función do maior ou menor número, así como do maior ou menor grao de integración dos diversos factores antes enumerados na tarefa ou posto encomendado.

En función dos factores anteriores, os grupos profesionais serán os seguintes:

Grupo profesional 11.-Criterios xerais.

Operacións que se executen segundo instruccións concretas, claramente establecidas, cun alto grao de dependencia, que requieren preferentemente esforzo físico e/ou atención e que non necesitan de formación específica, pero si dun período de adaptación.

Formación.-Coñecementos a nivel de formación elemental.

Exemplos.-Neste grupo profesional inclúense todas aquelas actividades que, por analoxía, son equiparables ás seguintes:

-Actividades manuais en acondicionamento e/ou embalaxes.

-Operacións elementais de máquinas sinxelas, entendendo por tales aquelas que non requiren adestramento e coñecementos específicos.

-Operacións de carga e descarga manuais ou con axuda de elementos mecánicos simples.

-Operacións de limpeza.

-Tarefas que consisten en efectuar recados, encargos, transporte manual, levar ou recoller correspondencia.

-Etcétera.

Grupo profesional 10.-Criterios xerais.

Funcións que consisten en operacións realizadas seguindo un método de traballo preciso e concreto, con alto grao de supervisión, que normalmente esixen coñecementos profesionais de carácter elemental.

Formación.-A formación básica esixible é a equivalente a graduado escolar.

Exemplos.-Neste grupo profesional inclúense todas aquelas actividades que, por analoxía son equiparables ás seguintes:

-Actividades de axuda en proceso de elaboración de productos.

-Actividades operatorias en acondicionamento e/ou embalaxes con regulación e posta a punto.

-Tarefas de albanelería, carpintería, electricidade, mecánica, pintura, etc., de traballadores que se inician na súa práctica.

-Labores elementais en laboratorio.

-Vixilancia de edificios e locais sen requisitos especiais e sen armas.

-Funcións de recepción que non esixan cualificación especial ou coñeocemento de idiomas.

-Traballos de reprografía.

-Traballos sinxelos e rutinarios de mecanografía, arquivo, cálculo, facturación ou similares de administración.

-Etcétera.

Grupo profesional 9.-Criterios xerais.

Funcións consistentes na execución de operacións que, mesmo cando se realicen baixo instruccións precisas, requiren adecuados coñecementos profesionais e aptitudes prácticas e cunha responsabilidade que está limitada por unha supervisión directa e sistemática.

Formación.-A formación básica esixible é a equivalente a graduado escolar, completada profesionalmente por unha formación específica deste carácter ou pola experiencia profesional.

Exemplos.-Neste grupo profesional inclúense todas aquelas actividades que, por analoxía, son equiparables ás seguintes:

-Tarefas de albanelería, electricidade, carpintería, pintura, mecánica, etc., con capacidade suficiente para realizar as tarefas normais do oficio.

-Tarefas de arquivo, rexistro, cálculo, facturación ou similares, que requiran algún grao de iniciativa.

-Vixilancia xurada ou con armas.

-Operadora de télex e fax.

-Telefonista-recepcionista sen dominio de idiomas extranxeiros.

-Funcións de pagamento e cobramento a domicilio.

-Tarefas de grabación de datos.

-Tarefas de lectura, anotación, vixilancia e regulación baixo instruccións detalladas dos procesos industriais ou da subministración de servicios xerais de fabricación.

-Traballos de mecanografía, con boa velocidade e esmerada presentación, que poidan levar implícita a redacción de correspondencia segundo formato ou instruccións específicas.

-Tarefas de axuda en almacéns que, ademais de labores de carga e descarga, impliquen outras complementarias dos almaceneiros.

-Tarefas de transporte e paletización, realizados con elementos mecánicos.

-Labores de calcado de planos.

-Realización de análises sinxelos e rutineiras de fácil comprobación e funcións de toma e preparación de mostras para análises.

-Etcétera.

Grupo profesional 8.-Criterios xerais.

Funcións consistentes na execución de operacións que, mesmo cando se realicen baixo instruccións precisas, requiren adecuados coñecementos profesionais e aptitudes prácticas, e a responsabilidade das cales está limitada por unha supervisión directa e sistemática.

Formación.-A formación básica esixible é a equivalente a graduado escolar, completada cunha experiencia profesional en empresas do Grupo Rodman de, alomenos, 10 anos no grupo profesional 9.

Grupo profesional 7.-Criterios xerais.

Traballos de execución autónoma que esixan, habitualmente, iniciativa e razoamento por parte dos traballadores encargados da súa execución, comportando baixo supervisión a súa responsabilidade e podendo ser axudados por outro ou outros traballadores.

Formación.-Formación básica, graduado escolar, bacharelato elemental ou equivalente, complementada con formación específica de carácter profesional.

Exemplos.-Neste grupo profesional inclúense todas aquelas actividades que, por analoxía, son asimilables ás seguintes:

-Operador de ordenador.

-Taquimecanografía, que acade 100 palabras por minuto de taquigrafía e 240 pulsacións en máquina, con boa presentación de traballo e ortografía correcta, capaz de redactar directamente correo de trámite segundo indicacións verbais.

-Redacción de correspondencia comercial, cálculo de prezos á vista de ofertas recibidas, recepción e tramitación de pedidos e facer propostas de contestación.

-Tarefas que consisten en establecer, con base nos documentos contables, unha parte da contabilidade.

-Cálculo de salarios e valoración de custos de persoal.

-Tarefa de análises físicas, químicas e determinacións de laboratorio realizadas baixo supervisión, sen que sexa necesario sempre indicar normas e especificacións, implicando, ademais, o coidado dos aparellos e a súa homologación, preparación de reactivos necesarios, obtención de mostras e extensión de certificados e boletíns de análises.

-Tarefas de albanelería, carpintería, electricidade, pintura, mecánica, etc., con capacitación ó máis alto nivel, que permita resolver tódolos requirimentos da súa especialidade.

-Tarefas de despacho de pedidos, revisión de mercadorías e distribución con rexistro en libros ou máquinas para o efecto do movemento diario.

-Tarefas de delineación.

-Conducción ou conducción con reparto, con permiso de conducción de clase C, D ou E, entendendo que poden compaxina-la actividade de conducir co reparto de mercadorías.

-Funcións de control e regulación nos procesos de producción que xeran transformación de producto.

-Tarefas de regulación e control que se realizan indistintamente en diversas fases e sectores de proceso.

-Vendedores sen especialización.

-Etcétera.

Grupo profesional 6.-Criterios xerais.

Traballos de execución autónoma que esixan habitualmente iniciativa e razoamento por parte dos traballadores encargados da súa execución, comportando baixo supervisión a súa responsabilidade, podendo ser axudados por outro ou outros traballadores.

Formación.-Formación básica, equivalente a bacharelato elemental ou ben graduado escolar, complementada con formación específica de carácter profesional e cunha experiencia profesional en empresas do Grupo Rodman de, alomenos, 10 anos no grupo profesional 7.

Grupo profesional 5.-Criterios xerais.

Inclúese neste grupo a realización das funsións para integrar, coordinar e supervisa-la execución de varias tarefas homoxéneas, coa responsabilidade de ordena-lo traballo dun conxunto de colaboradores.

Inclúe, ademais, a realización de tarefas que, mesmo sen implicar ordenación de traballo, teñen un contido medio de actividade intelectual e de relacións humanas.

Formación.-Coñecementos equivalentes ós que se adquiren en bacharelato superior, FP-II ou equivalentes, completados cunha experiencia, polos estudios específicos necesarios para desenvolve-la súa función.

Exemplos.-Neste grupo profesional inclúense todas aquelas actividades que, por analoxía, son asimilables ás seguintes:

-Tarefas que consisten no exercicio de mando directo á fronte dun conxunto de operarios de oficios (albanelería, carpintería, pintura, electricidade, mecánica, soldadura, montaxe, caldeirería, etc.).

-Tarefas de traducción, corresponsalía, taquimecanografía e teléfono con dominio dun idioma estranxeiro.

-Programador de informática.

-Tarefas de contabilidade consistentes en reuni-los elementos subministrados polos axudantes e confeccionar estados, balances, custos, provisións de tesourería e outros traballos análogos, con base no plan contable da empresa.

-Tarefas aue impliquen a responsabilidade da vixilancia e aplicación dos medios e medidas de seguridade.

-Tarefas de confección e desenvolvemento de proxectos, segundo instruccións.

-Responsabilidade da supervisión, segundo especificacións xerais recibidas, da execución práctica das tarefas de análises nun conxunto de laboratorios.

-Actividades que impliquen a responsabilidade dunha quenda ou dunha unidade de producción que poidan ser secundadas por un ou varios traballadores do grupo profesional inferior.

-Vendedores especializados.

-Etcétera.

Grupo profesional 4.-Criterios xerais.

Inclúese neste grupo a realización das funcións para integrar, coordinar e supervisa-la execución de varias tarefas homoxéneas coa responsabilidade de ordena-lo traballo dun conxunto de colaboradores.

Inclúe, ademais, a realización de tarefas que, mesmo sen implicar ordenación de traballo, teñen un contido medio de actividade intelectual e de relacións humanas.

Formación.-Coñecementos equivalentes ós que se adquiren no bacharelato superior, FP-II completados cunha experiencia profesional en empresas do Grupo Rodman de, alomenos 10 anos no grupo profesional 5.

Grupo profesional 3.-Criterios xerais.

Funcións que consisten en integrar, coordinar e supervisa-la execución de tarefas heteroxéneas coa responsabilidade de ordena-lo traballo dun conxunto de colaboradores.

Inclúese, ademais, a realización de tarefas complexas pero homoxéneas que, mesmo sen implicar mando, esixe un alto contido intelectual, así como aquelas que consisten en establecer ou desenvolver programs ou aplicar técnicas seguindo instruccións xerais.

Formación.-Coñecementos equivalentes a formación de grao medio, completada cun período de prácticas ou experiencia adquirida en traballos análogos.

Exemplos.-Neste grupo profesional inclúense todas aquelas actividades que, por analoxía, son asimilables ás seguintes:

-Realización de funcións técnicas a nivel académico medio, que consisten en colaborar en traballos de investigación, control de calidade, estudios, vixilancia ou control en procesos industriais ou en servicios profesionais ou científicos de asesoramento.

-Analista de aplicacións de informática.

-Responsabilidade de ordenar e supervisa-la execución de tarefas de producción, mantemento, servicios ou administración do seu conxunto.

-Responsabilidade dunha unidade homoxénea de carácter administrativo ou do conxunto de servicios administrativos.

-Inspectores ou supervisores da rede de vendas.

-Etcétera.

Grupo profesional 2.-Criterios xerais.

Inclúen as funcións que consisten na realización de actividades complexas con obxectivos definidos e con algo grao de esixencia nos factores de anatomía e responsabilidade, dirixen normalmente un conxunto de funcións que comportan unha actividade técnica ou profesional especializada.

Formación.-Equivalente a titulación académica superior ou ben de grao medio, completada cunha dilatada experiencia profesional.

Exemplos.-Neste grupo profesional inclúense todas aquelas actividades que, por analoxía, son asimilables ás seguintes:

-Realización de funcións que impliquen tarefas de investigación ou control de traballos con capacitación para estudiar e resolve-los problemas que xurdan.

-Supervisión técnica dun proceso ou sección de fabricación ou da totalidade do proceso.

-Supervisión técnica dun grupo de servicios ou da súa totalidade e mesmo de tódolos procesos técnicos.

-Coordinación, supervisión e ordenación de traballos administrativos heteroxéneos.

-Responsabilidade da explotación dun ordenador.

-Análises de sistemas de informática.

-Delegados da rede de vendas.

-Etcétera.

Grupo profesional 1.-Criterios xerais.

Inclúense neste grupo aqueles postos que requiren un alto grao de autonomía, coñecementos profesionais e responsabilidade que se exercen sobre un ou varios sectores da empresa partindo de directrices xerais moi amplas, debendo dar conta da súa xestión a algunha das persoas incluídas no grupo 0.

Formación.-Equiparable ós nives académicos superiores, completados con estudios específicos e dilatada experiencia profesional.

Exemplos.-Neste grupo profesional inclúense todas aquelas actividades que, por analoxía, son asimilables ás seguintes:

-As funcións consistentes en planificación, ordenación e supervisión dos servicios.

-As consistentes en ordenación e supervisión de sistemas, procesos e circuítos de traballo.

-O desenvolvemento de tarefas de xestión e de investigación a alto nivel, como a programación, desenvolvemento e a responsabilidade polos resultados.

-A responsabilidade do control, planificación, programación e desenvolvemento do conxunto de tarefas de informática.

-Etcétera.

Grupo profesional 0.-Criterios xerais.

Os traballadores pertencentes a este grupo planifican, organizan, dirixen e coordinan as diversas actividades propias do desenvolvemento da empresa. As súas funcións comprenden a elaboración da política de organización, os criterios xerais da utilización eficaz dos recursos humanos e dos aspectos materiais, a orientación e o control das actividades da organización, conforme o programa establecido e a política adoptada, o establecemento e mantemento de estructoras productivas e de apoio e o desenvolvemento da política industrial, financeira ou comercial.

Toman decisións ou participan na súa elaboración. Desempeñan altos postos de dirección ou execución dos mesmos niveis nos departamentos, divisións, grupos, fábricas, plantas, etc. en que se estructora a empresa e que responden sempre á particular ordenación de cada unha.