Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2001 Páx. 3.193

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de febreiro de 2001 pola que se aproba a modificación do artigo 23 dos estatutos da Fundación Rodman e se inscribe no Rexistro de Fundacións deste protectorado.

Analizado o expediente de referencia, promovido pola Fundación Rodman.

Resultando que esta fundación foi constituída en escritura pública o día 21 de decembro de 1990, outorgada en Vigo, perante o notario Alfonso Zulueta de Haz, co número de protocolo 3.576; e modificada por outra do 14 de decembro de 1995, do notario José Antonio Somoza Sánchez (protocolo nº 4.210); foi clasificada como benéfico-docente e declarada de interese galego pola orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, do 21 de xaneiro de 1992 (DOG do 18 de febreiro), encontrándose inscrita no Rexistro de Fundacións desta consellería co número 173.

Resultando que a Fundación Rodman solicitou ante esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a modificación dos seus estatutos.

Vista a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da Lei 7/1983; así como o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, aprobado polo Decreto 248/1992, do 18 de xuño.

Considerando que as fundacións de interese galego poden modifica-los seus estatutos coas condicións previstas no artigo 38 do citado regulamento.

Considerando que na tramitación do expediente se cumpriron os requisitos esixidos no artigo 10 da Lei 7/1983, e 32.3º, e 38 do dito regulamento.

Considerando que esta modificación estatutaria é conforme coa vontade fundacional.

Esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Aproba-la modificación do artigo 23 dos estatutos da Fundación Rodman, que pasará a adopta-la redacción seguinte:

«Artigo 23º.-A fundación extinguirase polas se-

guintes causas:

a) Liquidación do seu patrimonio.

b) Imposibilidade material do cumprimento dos fins materiais.

c) Disposición da lei.

No suposto de disolución, o patrimonio da fundación aplicarase á realización de fins de interese xeral análogos ós da Fundación Rodman».

Segundo.-Practica-la inscrición desta modificación estatutaria no Rexistro de Fundacións deste protectorado, logo da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, data a partir da que entrará en vigor tal cambio estatutario.

Terceiro.-A presente disposición, que pon fin á vía administrativa, de acordo co establecido no artigo 109 c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá ser recorrida potestativamente mediante o recurso de reposición no prazo dun mes e ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, ou ben impugnada directamente ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria