Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2001 Páx. 3.184

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2001 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación dos servicios de desenvolvemento de novas aplicacións informáticas de xestión de procedementos do Instituto Galego de Promoción Económica.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación dos servicios de desenvolvemento de novas aplicacións informáticas de xestión de procedementos do Igape.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 16 93, fax: 981 54 10 92.

b) Número de expediente: CP nº 2/01.

2. Obxecto do contrato.

Servicios de desenvolvemento de novas aplicacións informáticas de xestión de procedementos do Igape.

Prazos de execución e vixencia: os prazos de execución serán os establecidos na oferta técnica do adxudicatario. A vixencia do contrato establécese nun ano dende a súa sinatura, prorrogable anualmente por acordo expreso das partes, dentro dos límites legais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación.

17.550.000 pesetas (dezasete millóns quiñentas cincuenta mil pesetas), IVE incluído.

5. Garantía provisional.

2% do orzamento máximo de licitación (351.000 pesetas).

6. Clasificación.

Non se esixe.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: c/ Barrio de San Lázaro s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do décimo día natural seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Eco

nómica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, télex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco días desde a apertura das ofertas.

9. Variantes.

Non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

En acto público a las 11.30 horas do quinto día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público ás 11.30 horas do noveno día hábil seguinte ó temo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas económicas. Na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

11. Gastos de anuncios.

Os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2.001.

Rosa Mª Pedrosa Pedrosa

Directora xera do Instituto Galego

de Promoción Económica