Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2001 Páx. 3.185

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2001, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas do concurso público 1DP/01 que ten por obxecto a adquisición de material de incontinencia urinaria.

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas, conforme o establecido na Orde do 21-4-1998 do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, modificada pola Orde do 23-3-2000, sobre delegación de atribucións en órganos centrais e periféricos, e para dar cumprimento do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, acorda dar publicidade ás adxudicacións do seguinte contrato de subministración.

1. Entidade adxudicataria:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Provincial do Sergas da Coruña, rúa Durán Loriga nº 3.

c) Número de expediente: 1DP/01.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición de material de incontinencia urinaria.

Lotes:

1. Empapador reutilizable de cama de 90 cm con faldóns.

2. Absorbente incontinencia anatómico día.

3. Absorbente incontinencia anatómico supernoite.

4. Absorbente incontinencia anatómico supernoite con elásticos tamaños mediano e grande.

5. Absorbente incontinencia anatómico día con elásticos tamaño pequeno.

c) Anuncio de licitación publicado no BOE nº 289 do 2 de decembro de 2000 e no DOG nº 230 do 28 de novembro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: anticipada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Orzamento total: 99.805.000 pesetas (IVE incluído) (noventa e nove millóns oitocentas cinco mil pesetas) (599.840,131 A).

5. Adxudicacións:

a) Data: 2 de febreiro de 2001.

b) Contratistas:

Lotes 1, 2 e 3: INDAS, S.A.

Cº de las Huertas, 2, edf. 1. 28223 Pozuelo (Madrid).

Lotes 4 e 5: SCA Hygiene Products, S.A.

Avd. Europa, 22. 28108 Alcobendas (Madrid).

c) Nacionalidade:

d) Importe da adxudicación: 88.025.800 pesetas (529.045,713A).

Lote 1: 4.760.000 pesetas.

Lote 2: 14.350.000 pesetas.

Lote 3: 29.925.000 pesetas.

Lote 4: 38.199.000 pesetas.

Lote 5: 791.800 pesetas.

A Coruña, 5 de febreiro de 2001.

Antonio V. Martínez Calvo

Director provincial do Servicio Galego de Saúde