Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2001 Páx. 3.183

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

EDICTO do 1 de febreiro de 2001 de notificación da resolución do expediente sancionador DH.D15.12537.

Por medio deste edicto faise saber que o presidente do organismo autónomo Augas de Galicia dictou resolución no expediente administrativo sancionador que se detalla en extracto en anexo a este edicto,

referente a infraccións tipificadas na Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas, en materia de dominio público hidráulico. Intentada a notificación da resolución no domicilio que consta no expediente, esta non se puido levar a cabo.

En consecuencia, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado a resolución referida no anexo e comunícaselle que o seu texto íntegro, xunto co resto das actuacións do expediente, encóntrase a súa disposición nas oficinas do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia (praza Camilo Díaz Valiño, Estación de Autobuses, Santiago de Compostela), durante o prazo de alegacións que a continuación se indica.

En relación con esta resolución, o interesado poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun (1) mes a contar desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, de acordo co contido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, que a modifica.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2001.

Antonio López Blanco

Xefe do Departamento de Xestión do Dominio

Público Hidráulico

ANEXO:

* Expediente número: DH.D15.12537.

* Persoa interesada: Empresa Maderas Alvijoy, S.L.

* Enderezo que consta no expediente: rúa Entrepeñas, nº 17. 15010 A Coruña.

* Acto administrativo: Resolución do 23-1-2001.

* Sanción imposta: declara-la inexistencia de responsabilidade administrativa da entidade mercantil Maderas Alvijoy, S.L., con arquivo das actuacións practicadas.