Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2001 Páx. 3.183

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2001 pola que se anuncia a licitación do concurso, con procedemento aberto e trámite de urxencia, da asistencia técnica de clave OH.088.165/AT.

a) Asistencia técnica.

Asistencia técnica para o desenvolvemento dos traballos de apoio na realización de estudios técnicos e traballos administrativos no servicio territorial de Galicia Centro.

Clave: OH.088.165/AT.

Orzamento: corenta e un millóns trescentas sesenta e cinco mil cincocentas oitenta e unha pesetas (41.365.581 ptas., equivalente a 248.612,149 euros).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: non se esixe.

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar, para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira, os documentos citados no artigo 16, letra a), do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (R.D. lexislativo 2/2000, do 16 de xuño), e a súa solvencia técnica ou profesional mediante os documentos citados no artigo 19, letras a) e b), da mesma lei.

De posuí-lo licitador a clasificación do grupo I, subgrupo 1, categoría B, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica ou profesional.

Fianza provisional: oitocentas vintesete mil trescentas doce pesetas (827.312 ptas., equivalente a 4.972,245 euros).

(Declarada urxente conforme o establecido no artigo 71 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os pregos de prescricións técnicas, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, praza Camilo Díaz Valiño s/n, Santiago de Compostela.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=203.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada na alínea a) anterior e unha fianza definitiva equivalente ó catro por cento (4%) do orzamento de licitación.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro de Augas de Galicia ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día vintenove (29) de marzo de 2001.

f) Admisión de variantes.

Os licitadores poden presentar, se o consideran conveniente, unha variante ou alternativa de acordo co indicado no prego de prescricións técnicas (punto 4 do dito prego).

g) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas de Augas de Galicia, ás dez horas do día dez (10) de abril de 2001.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2001.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia