A Dirección Xeral de Transportes, con data 8 de xaneiro de 2001, resolveu autorizar na concesión V-7032; XG-406, A Coruña-Vila de Cruces, con anexos, da titularidade da empresa Gómez de Mesía S.L., a seguinte modificación concesional:
-Itinerario novo que se autoriza.
Mesía, Olas, Abella (Tañoi), Papucín, Vitre, Campoduro, Aña, Brates, Boazo, Cardeiro e Boimorto.
-Prohibicións de tráfico.
De e entre Mesía e Abella, puntos intermedios e viceversa.
-Expedicións e calendario.
Mesía-Boimorto.
Unha expedición de ida e volta os luns laborables.
Unha expedición de ida e volta os venres laborables.
Unha expedición de volta os domingos.
-Outras condicións.
Manteranse as mesmas que ten autorizadas a concesión V-7032; XG-406.
Contra a citada resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes,
contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, ou calquera outro recurso que en dereito estime oportuno.
Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2001.
Juan Carlos Villarino Tejada
Director xeral de Transportes