Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2001 Páx. 3.169

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a modificación concesional (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada Monforte de Lemos-Ferreira de Pantón-Escairón-Taboada, con anexos: V-0417; XG-023.

A Dirección Xeral de Transportes, con data 8 de xaneiro de 2001, resolveu autorizar na concesión V-0417; XG-023, Monforte de Lemos-Ferreira de Pantón-Escairón-Taboada, con anexos, da titularidade de Antonio Vila Parada, a seguinte modificación concesional:

-Itinerarios novos que se autorizan.

Budián, San Román, Acedre, Vilar, Panfolia, Espasantes, Siós, Torre do Castelo e Ferreira.

Panfolia, Arribada, Seragude e Frontón.

-Prohibicións de tráfico.

De e entre Budián-Panfolia-Siós, puntos intermedios e viceversa.

Do tramo Budián-Panfolia-Siós para o tramo Mañente-Monforte de Lemos e viceversa.

-Expedicións e calendario.

Frontón-Panfolia-Budián-Panfolia-Siós-Ferreira.

Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

-Outras condicións.

Manteranse as mesmas que ten autorizadas a concesión V-0417; XG-023.

Contra a citada resolución poderáse interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, ou calquera outro recurso que en dereito estime oportuno.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes