Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2001 Páx. 3.168

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (493/2000).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 493/2000, seguidos neste xulgado por instancia de Juan Carlos González Pena, contra Esdico Construcciones y Contratas, S.A. e outra, sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 6 de febreiro de 2001, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando a demanda interposta por Juan Carlos González Pena, contra a empresa Esdico Construcciones y Contratas, S.A., debo condenar e con

deno a dita demandada ó pagamento ó demandante da suma de 45.663 pesetas, coa absolución do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidese corresponderlle. Así, pola miña sentencia, contra a que non cabe recurso, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á Esdido Construcciones y Contratas, S.A., que tivo o seu último domicilio coñecido na rúa García barbón nº 76-12E de Vigo, que na actualidade se descoñece, e coa fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, seis de febreiro de dous mil un.

Rubricado