Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2001 Páx. 3.168

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (1018/1996).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña fago saber que nos autos nº 1018/1996, seguidos neste xulgado por instancia de María José Cousillas Baneira, contra INSS e outros, sobre invalidez permanente, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe,

dictou sentencia na data 31 de enero de 2001 coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando en parte a demanda interposta por María José Cousillas Baneira, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Servicios Integrados Bergantiños, S.A. e Instituto Gallego Bergantiños S.A.L., debo declarar e declaro que a pensión de invalidez permanente total recoñecida á demandante debe selo sobre unha base reguladora de 105.255 pesetas mensuais no lugar de 69.769 pesetas mensuais recoñecidas, condenando os ditos demandados a estaren e pasaren por tal declaración e o INSS ó aboamento dela, no xeito, forma e contía regulamentarias con pagamento das diferencias existentes a partir do 2 de agosto de 1996. Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que, contra a referida sentencia cabe o recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta sentencia, cos requisitos esixidos no artigo 191 e seguintes da Lei de

procedemento laboral. No mesmo prazo, se o recorrente non goza de beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de ter feita a consignación da cantidade obxecto de condena, na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya desta cidade (nº 5602, clave 60, nº identificador 1018/1996), e tamén o xustificante acreditativo do ingreso do depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, pero con outra clave (nº 5602, clave 65, nº identificador 1018/1996), de conformidade co establecido nos artigos 227 e 228 da LPL. Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Servicios Integrados Bergantiños, S.A. e Instituto Gallego Bergantiños S.A.L, que tiveron o seu último domicilio coñecido na rúa José Antonio 15-1º Carballo, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, o 31 de xaneiro de 2001.

Rubricado