Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2001 Páx. 3.167

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2001, do tribunal designado para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados, convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de decembro de 1999, pola que se ordena a publicación da proposta de relación de aspirantes que superaron as devanditas probas selectivas.

Na sesión do tribunal designado para xulga-las anteditas probas selectivas, celebrada no día 28 de febreiro, acordouse, de conformidade co disposto na base IV.1 da citada convocatoria, facer pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde das puntuacións alcanzadas, con indicación do seu documento de identidade.

Así mesmo, e tal e como esixe a xa mencionada base, acordouse que o tribunal lle envíe ó director xeral da Función Pública a aludida relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, con indicación da puntuación acadada en cada un dos exercicios, para os efectos de que os que figuren na dita proposta sexan nomeados funcionarios de carreira.

A orde de puntuación dos devanditos aspirantes esstablécese de acordo coa orde resultante da suma das puntuacións obtidas na oposición, tal e como dispón a base II.3.6 da convocatoria, e é a que figura no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2001.

Javier Suárez García

Presidente do tribunal

ANEXO

DNI Apelidos Nome Puntuación

32.829.089 Solar Jimeno Natalia 83,51

46.569.317 Novoa Suárez María Jesús 77,28