Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2001 Páx. 3.167

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2001 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de ciencia dos materiais e enxeñería metalúrxica, do departamento de Enxeñería dos Materiais, Mecánica Aplicada e Construcción, a María Julia Cristóbal Ortega (praza 2/2000).

Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por reso

lución da Universidade de Vigo do 8 de febreiro de 2000 (BOE do 3 de marzo) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de ciencia dos materiais e enxeñería metalúrxica, do departamento de Enxeñería dos Materiais, Mecánica Aplicada e Construcción, a María Julia Cristóbal Ortega, con documento nacional de identidade número 00.797.183, e cumprindo a interesada os requisitos do número 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Julia Cristóbal Ortega, profesora titular de universidade da área de coñecemento de ciencia dos materiais e enxeñería metalúrxica, do departamento de Enxeñería dos Materiais, Mecánica Aplicada e Construcción.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interporen contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 13 de febreiro de 2001.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo