Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2001 Páx. 3.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Organización de Autónomos e Profesionais da Localidade de Tomiño (OAP Tomiño).

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Organización de Autónomos e Profesionais da Localidade de Tomiño (OAP Tomiño), que abranguen os seguintes ámbitos:

Territorial: local.

Profesional: profesionais-autónomos-empresas, integrados en tódolos oficios, gremios comerciais, profesións libres, actividades artísticas, agrícolas, gandeira, pesqueiras e, en xeral, a tódolos que realicen un traballo por conta propia e exerzan a súa actividade profesional no ámbito territorial.

Asinan a acta de constitución: Manuel Vázquez Martínez e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 13 de febreiro de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra