Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2001 Páx. 3.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2001 pola que se anuncia, polo sistema de concurso aberto, a contratación da organización do VI Congreso Internacional de Estudios Xacobeos: O Pseudo-Turpín, lazo entre o culto xacobeo e o culto a Carlomagno.

Esta Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar polo sistema de concurso, procedemento aberto, a contratación seguinte:

Organización do VI Congreso Internacional de Estudios Xacobeos: O Pseudo-Turpín , lazo entre o culto xacobeo e o culto a Carlomagno.

Orzamento de licitación: catorce millóns de pesetas (14.000.000) IVE incluído.

Prazo de execución: un (1) mes.

Clasificación esixida: grupo III, subgrupo 8, categoría D.

Afianzamento provisional: non se esixe.

Exposición da documentación: os pregos de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares estarán expostos na Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, edificio administrativo San Caetano-bloque 5, 15771-Santiago de Compostela, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación das proposicións, de 10 a 14 horas e para calquera información no teléfono 981 54 49 75.

Presentación das proposicións: presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo antes das 14 h do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

No suposto de que as proposicións se enviasen por correo, xustificarase a data da imposición do envío na oficina de correos e anunciarase ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax 981 54 48 70 ou telegrama no mesmo día, aténdose, en todo caso, ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura das proposicións: realizarase pola mesa de contratación na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo ás 12 horas do décimo sexto día natural seguinte a aquel no que remata o prazo de presentación de proposicións. Se coincidise en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2001.

P.D.(Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo