Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2001 Páx. 3.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifican os trámites de audiencia en procedemento de resolucións de revogación de autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ós establecementos que no anexo I se mencionan a cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas, en diante REAT.

Mediante visita de inspección, o Servicio de Inspección de Turismo dependente desta delegación

comprobou que nos establecementos que a continuación se relacionan no anexo I non se realiza nin exerce a actividade turística para a que foron autorizados no seu día.

Considerando que no expediente non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade tal e como dispón o parágrafo primeiro do artigo 25.3º da Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, o Servicio de Turismo propón a conseguinte cancelación no REAT.

Por todo o exposto, notifícaselles ós titulares dos establecementos referidos no dito anexo que, se no prazo de quince días non presentan alegacións que xustifiquen o peche temporal ou a súa vontade efectiva de continuar coa actividade, se acordará de oficio a cancelación da inscrición no REAT, todo isto ó abeiro do parágrafo segundo o artigo 25.3º da Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, e do artigo 17.2º do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Pontevedra, 25 de xaneiro de 2001.

Pilar Rojo Noguera

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bares, café-bares e similares

en trámite de audiencia

Denominación: Foxtrot.

Sign.: V-PO 6199.

Titular: Dananber, S.L.

Enderezo: r/ Zamora, 8.

Concello: Vigo.