Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2001 Páx. 3.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 30 de xaneiro de 2001, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican os requirimentos de pagamento a quen prestou caución como resultado da sanción que se impuxese nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente OU-00763-O-2000 e outro máis).

Por medio desta cédula requírense os fiadores, cos datos e último domicilio coñecido que se sinalan no anexo, para que, tendo devido firmes as resolucións sancionadoras que se citan nel sen que o denunciado aboara o importe da sanción, procedan ó seu pagamento.

Son requiridos para que no prazo de 15 días hábiles aboen o importe da dita sanción, co apercibimento de que de non facelo efectivo no dito prazo se procederá ó seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto na lexislación vixente.

O ingreso da citada multa farase mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións nº 13763620, do Banco Bilbao-Vizcaya, Argentaria, S.A., sucursal de Santiago de Compostela, debendo indica-lo número de expediente.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados garantes, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2001.

Carlos González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Fiador-Último enderezo coñecido-Importe da caución-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

OU-OO606-O-2000

76-10-HQ

G.C. de Tráfico

Benjamín Linares Gallardo,

Áridos Linmar

Juan XXIII, 1-4º

27500 Chantada (Lugo)

250.000 ptas.

Fernando David Cerqueira e Filhos, Lda.

Giela, s/n

4970 Arcos de Valdevez (Giela)

Transportar area, cunha masa total en carga de 43.600 kg, sendo a masa máxima autorizada de 36.000 kg: 7.600 kg (21%).

21-1-2000; 16.52; N-540; 41

Artigo 200.3º do

R.D. 1211/1990

Artigo 143

da Lei 16/1987

Artigo 201 do

R.D. 1211/1990

250.000

OU-OO763-O-2000

58-29-GG

G.C. de Tráfico

Julián Pérez Puigvert

Avda. Portugal, 38

32002 Ourense

150.000 ptas.

Brita Grilos, Lda.

Campo de Cima, s/n

5400 Portugal (Chaves)

Transportar area, cun peso de 42.950 kg, sendo o seu PMA de 38.000 kg. Exceso: 4.950 kg (13%).

28-1-2000; 7.40; C-531; 1,100

Artigo 200.3º do

R.D. 1211/1990

Artigo 143

da Lei 16/1987

Artigo 201 do

R.D. 1211/1990

150.000