De acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas particulares polas que se rexe o contrato de servicios arriba indicado faise público:
1. Obxecto: a organización da participación da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, na organización do X Concurso Galego-Portugués de Panxoliñas e Outros Cantos de Nadal.
2. Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso, polo trámite de urxencia.
3. Orzamento: 16.500.000 ptas., IVE incluído.
4. Garantía provisional: 330.000 ptas.
5. Requisitos dos licitadores: os especificados nos puntos 8 e 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.
6. Proposicións: de acordo co que se especifica no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares, a documentación será presentada no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo de 8 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
7. Apertura das proposicións: a apertura das ofertas presentadas en prazo hábil terá lugar en acto público na sala de xuntas da Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela, ás 10 horas do terceiro día natural seguinte ó do prazo de presentación especificado no punto anterior.
8. Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas estarán á disposición dos licitadores para o seu exame, durante o prazo de presentación de ofertas, en días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, teléfono 981 54 44 00.
Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo de Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=198.
9. Anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2001.
Xesús P. González Moreiras
Director xeral de Política Lingüística