Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2001 Páx. 3.118

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (49/2001).

Nos autos a que se fai referencia foi dictada a resolución do teor literal seguinte: proposta de providencia da secretaria xudicial, María Elma Monzón Cuesta.

En Santiago de Compostela o once de xaneiro de dous mil un.

Por recibido neste xulgado o anterior escrito de demanda, documentos e poder bastante verificado na debida forma, e copias simples, rexístrese no libro da súa clase, numérese e fórmese correspondente xuízo de menor contía, téndose como parte nel a Constanza Blanco Blanco e, no seu nome, o procurador Domingo Núñez Blanco, representación que acredita deter coa copia de escritura de poder xeral para preitos, que lle será devolta unha vez testemuñada en autos, entendéndose co referido procurador as sucesivas dilixencias no modo e forma que prevé a lei.

Admítese a trámite a demanda, que se substanciará de conformidade co preceptuado no artigo 680 e

seguintes da Lei de axuizamento civil, entendéndose dirixida fronte a Julio Cancelo Neira, Antonio Cancelo Blanco, María Cancelo Blanco, Carmen Cancelo Blanco, a quen se emprazará en legal forma, para que, se lle conviñer, compareza nos autos dentro do termo de vinte días, por medio de avogado que a defenda e procurador que a represente, e conteste a demanda, baixo apercibimento de que, se non o verifica, será declarada en situación legal de rebeldía procesual, dándose por precluído o trámite de contestación á demanda.

Para o emprazamento da parte demandada Julio Cancelo Neira, Antonio Cancelo Blanco, María Cancelo Blanco, Carmen Cancelo Blanco, líbrese exhorto ó Xulgado de Paz do Pino (A Coruña), que se lle entregará á parte demandante para que coide do seu dilixenciamento e devolución, facultando o portador para intervir amplamente no seu cumprimento.

Para o emprazamento dos demandados José Manuel Fandiño Sende, Marta Calvo Pestónit, Manuel Fandiño Pena, Sara, Victoria, Divina-Olga e María del Carmen Calvo Blanco, herdeiros descoñecidos e incertos de Cándido Cancelo Blanco, de Manuel García Blanco, de José Antonio e Manuel Blanco Blanco, procédase a publicar edictos no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, concedéndolle-lo prazo de dez días para compareceren e presentárense en autos en legal forma, baixo apercibimento da súa rebeldía.

E como consecuencia do ignorado paradoiro dos demandados antes mencionados, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación e emprazamento en Santiago de Compostela o once de xaneiro de dous mil un.

A secretaria

Rubricado