Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2001 Páx. 3.118

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (145/2000).

Ana Isabel Villar Fernández, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Noia, dou fe e testemuño: de que no xuízo de faltas número 145/2000 se dictou a presente sentencia, que na súa parte dispositiva di: «que debo absolver e absolvo a José Antonio Ferreiros Calvo, a Dolores Lema García, a Juan Ramón Polo Portos e a Carmen María Rodríguez Caamaño dos feitos axuizados nas presentes actuacións, con declaración das custas procesuais de oficio.

Notifíquese a presente resolución, con indicación de non ser firme por caber contra ela recurso de apelación en ámbolos efectos para ante a Audiencia Provincial da Coruña, que se interporá, se for o caso, ante este xulgado dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Dolores Lema García e a Juan Ramón Polo Portos, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Boletín Oficial de Galicia, expido este edicto en Noia o nove de febreiro de dous mil un.

A secretaria

Rubricado