Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2001 Páx. 3.081

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2001 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 16 de febreiro de 2001, polo que se declaran festas de Galicia de interese turístico na provincia de Lugo a Festa da Faba de Lourenzá e a Queimada Popular de Cervo.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 16 de febreiro de 2001, adoptou, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, o seguinte acordo:

«Declarar festas de Galicia de interese turístico na provincia de Lugo a Festa da Faba de Lourenzá e a Queimada Popular de Cervo, de conformidade co establecido no Decreto 203/1998, do 25 de xuño, polo que se regulan as declaracións de festas de Galicia de interese turístico».

En cumprimento do disposto no artigo 7 do devandito decreto ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ás persoas ou entidades organizadoras da festa e ó concello correspondente.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2001.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo