Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2001 Páx. 3.081

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2001 do convenio colectivo da empresa El Pote, S.A.

Visto o texto da revisión salarial para o ano 2001 do convenio colectivo da empresa El Pote, S.A. (código: 1501202), que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 24-1-2001, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social polo comité de empresa, o día 23-1-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á

Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

ACTA

Na Coruña, ás 16.30 horas do día 23 de xaneiro de 2001, reúnense Javier Buján Chamorro, José Brea Brea e Gloria Liñeira Martínez, membros do comité de empresa del El Pote, S.A., asistidos por Miguel Cagigal Fariña, asesor de UGT, en representación dos traballadores da empresa.

Doutra parte, en representación da empresa El Pote, S.A., o letrado Miguel Calderón Acero.

Ámbalas partes reúnense para a revisión do convenio correspondente ó ano 2000 e as táboas salariais de 2001.

En aplicación do artigo 7 do convenio e visto o IPC real do ano 2000 e o previsto pra o ano 2001, chégase ó acordo seguinte:

1. Actualiza-las táboas do ano 2000 co 1%.

2. Sobre as táboas resultantes, aplicar un incremento do 2,5% con vixencia do 1-1-2001.

E non habendo outros asuntos que tratar, deuse por rematada a reunión ás 17.30 horas da data e o lugar indicados no encabezamento.

Rubricado

ANEXO I

Táboas salariais 2001

CategoríasSalarios ano 2001Cómputo anual

Director162.984 ptas.2.723.724 ptas.
Xefe de división144.867 ptas.2.433.852 ptas.
Xefe de centro ou sucursal126.621 ptas.2.141.916 ptas.
Xefe de sección115.165 ptas.1.958.620 ptas.
Dependente maior105.369 ptas.1.801.884 ptas.
Dependente 25 anos97.579 ptas.1.677.244 ptas.
Dependente 22 anos94.784 ptas.1.632.524 ptas.
Dependente con menos dun ano na empresa90.520 ptas.1.564.300 ptas.
Axudante90.520 ptas.1.564.300 ptas.
Oficial 1ª administrativo105.173 ptas.1.798.748 ptas.
Oficial 2ª administrativo97.579 ptas.1.677.244 ptas.
Auxiliar administrativo92.116 ptas.1.589.836 ptas.
Decorador115.165 ptas.1.958.620 ptas.
Axudante decoración e publicidade97.579 ptas.1.677.244 ptas.
Escaparatista114.030 ptas.1.940.460 ptas.
Montador de escaparates97.579 ptas.1.677.244 ptas.

CategoríasSalarios ano 2001Cómputo anual

Profesional de oficio de 1ª97.579 ptas.1.677.244 ptas.
Profesional de oficio de 2ª94.784 ptas.1.632.524 ptas.
Mozo92.116 ptas.1.589.836 ptas.
Complemento de transporte9.665 ptas.