Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2001 Páx. 3.080

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 9 de marzo de 2001 pola que se prorrogan os prazos de presentación da solicitude única, no ano 2001, de axudas a superficies, animais e indemnización compensatoria, así como a solicitude doutras primas gandeiras, reguladas na Orde do 29 de decembro de 2000.

A orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, do 29 de decembro de 2000, publicada no DOG nº 10, do 15 de xaneiro de 2001, regula a solicitude única, no ano 2001, de axudas a superficies, animais e indemnización compensatoria, así como a solicitude doutras primas gandeiras, na Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 3.1º da devandita orde establece que o prazo de presentación das solicitudes de axuda por cultivos herbáceos, leguminosas en gran, da declaración de superficies forraxeiras, primas por vacas nutrices, pagamentos por extensificación, primas de ovino, cabrún, prima especial de vacún e indemnización compensatoria, empezará a contar o día da publicación da orde no DOG e rematará o día 9 de marzo de 2001.

A orde do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), do 8 de marzo de 2001 (BOE nº 59, do 9 de marzo) prorroga o prazo de presentación de determinadas solicitudes de axudas, establecidas nos reais decretos 1839/1999, do 10 de decembro, e 1973/1999, do 23 de decembro, para a campaña 2001/2002.

De acordo coa norma básica estatal, cómpre modifica-lo prazo de presentación das solicitudes previstas na normativa autonómica reguladora desas axudas.

Na súa virtude, conforme o disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988,

DISPOÑO:

Artigo único.

O prazo previsto no artigo 3.1º da orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, do 29 de decembro de 2000 (DOG nº 10, do 15-1-2001), para a presentación das solicitudes de axuda por cultivos herbáceos, leguminosas en gran, da declaración de superficies forraxeiras, primas por vacas nutrices, pagamentos por extensificación, primas de ovino e cabrún, prima especial de vacún e indemnización compensatoria, prorrógase ata o 30 de marzo de 2001.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2001.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria