Visto o expediente sobre autorización para imparti-las ensinanzas correspondentes ós niveis I, II e III, modalidade presencial, da educación básica de adultos, en quenda de tarde-noite, no centro privado Divino Salvador de Vigo (Pontevedra); iniciado ó abeiro do artigo 5 do Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e do punto primeiro.1 da Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) pola que se desenvolve o antedito decreto.
Considerando que o dito centro conta con autorización definitiva, por Orde do 25 de setembro de 1997 (DOG do 7 de novembro), para imparti-la educación secundaria obrigatoria.
Esta consellería, en virtude do establecido no artigo 14 do Decreto 88/1999, do 11 de marzo (DOG do 13 de abril), polo que se regula a ordenación xeral das ensinanzas de educación de persoas adultas e os requisitos mínimos dos centros e a proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,
DISPÓN:
Primeiro.-Concede-la autorización para imparti-las ensinanzas correspondentes ós niveis I, II e III, modalidade presencial, da educación básica de adultos, en quenda de tarde-noite, ó centro privado Divino Salvador de Vigo (Pontevedra), cos datos que se citan no anexo desta orde.
Segundo.-Contra a presente disposición, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2001.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Provincia: Pontevedra.
Concello: Vigo.
Localidade: Coruxo.
Enderezo: Rozo, 49.
Denominación: Divino Salvador.
Código do centro: 36010216.
Titular: Basilio Toyos Alonso.
Composición resultante:
a) Educación infantil: 6 unidades.
b) Educación primaria: 12 unidades.
c) Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.
d) Educación especial: 1 unidade de psíquicos.
e) Educación básica de adultos (quenda de tarde-noite):
Nivel I: 1 unidade.
Nivel II: 1 unidade.
Nivel III: 2 unidades.