Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 09 de marzo de 2001 Páx. 3.050

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

ANUNCIO.

No BOP da Coruña, nº 39, do 16 de febreiro de 2001, publicáronse as bases da convocatoria para prover en propiedade as seguintes prazas: unha de técnico de xestión da área económica, concurso-oposición; unha de arquiveiro, concurso-oposición e unha de administrativo, promoción interna, concurso-oposición.

As solicitudes para tomar parte nestas prazas dirixiranse ó alcalde-presidente da Corporación e presentaranse no rexistro no prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

As Pontes de García Rodríguez, 16 de febreiro de 2001.

Víctor Guerreiro Pena

Alcalde-presidente