Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 09 de marzo de 2001 Páx. 3.050

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2001 pola que se anuncia a licitación para a contratación da asistencia técnica para realización dos traballos de redacción do Plan especial de medianeiras no solo urbano da cidade (Plan humanización da cidade).

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. a) Órgano de contratación: Comisión de Gobier

no. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.

2. Obxecto: a) Obxecto: contratación dos traballos de redacción do Plan especial de medianeiras no solo urbano de cidade. b) Prazo: oito meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, concurso.

4. Orzamento da licitación: 5.000.000 de pesetas incluídos todo xénero de gastos e IVE.

5. Garantía: definitiva 4% da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: a) Lugar: Servicio de Contratación do Concello. Praza de España. Pontevedra 36071. Tel./Fax: 986 80 43 00/86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

7. Presentación das ofertas: a) Data límite: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. b) Documentación: cláusula 12ª do prego. c) Lugar: rexistro xeral do concello, en horario das 9 ás 13 horas. d) Prazo durante o cal o lictador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o primeiro luns seguinte hábil ó do remate do prazo sinalado para a presentación das ofertas, ás 9 horas na sala de xuntas.

9. Criterios de selección.

a) Menor prezo da oferta: ata 40%.

b) Experiencia documentada en traballos similares: ata 30%.

c) Composición multidisciplinar do equipo redactor asignado á realización dos traballos: ata 30%.

10. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes: a) Os dos anuncios que xere o concurso e os seus actos preparatorios. b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato, incluído o IVE. c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.

Pontevedra, 1 de febreiro de 2001.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

Raimundo González Carballo

Teniente alcalde delegado da Área