Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 09 de marzo de 2001 Páx. 3.050

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1927/2000).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria con data 1 de febreiro de 2001 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización na rúa Portalón do Casar (zona 11 del SU-11), por

instancia de Antonio Estévez Joga, en representación de Estévez Joga, S.L., coas condicións sinaladas no informe do servicio de enxeñería do que se dará traslado ó interesado e logo de constitución de garantía na cantidade de 3.100.000 pesetas (tres millóns cen mil pesetas), que se corresponden co orzamento de execución por contrata, para responder da execución simultánea das obras coa edificación e o seu mantemento ata a recepción delas por parte do concello.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 8 de febreiro de 2001.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde