Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 09 de marzo de 2001 Páx. 3.050

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno en sesión do 28 de decembro de 2000 acordou a aprobación definitiva da revisión e adaptación do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Esta aprobación foi publicada no BOP da provincia da Coruña nº 48, do 28 de febreiro de 2001.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación no DOG da devandita resolución (arts. 57 e 58 da Lei de xurisdicción contencioso-administrativa e 52 da Lei reguladora das bases de réxime local).

Ferrol, 5 de marzo de 2001.

Xaime Bello Costa

Alcalde