Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 09 de marzo de 2001 Páx. 3.049

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2001, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación urxente, mediante concurso, do expediente 5/2001, para a asistencia en materia de protección radiolóxica, nas instalacións e equipos de radioloxía xeral situados nos centros dependentes deste complexo hospitalario e nos centros de saúde de Sarria, Guitiriz, Becerreá, Vilalba e Palas de Rei.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na letra i) do artigo 7 da Orde do 23 de marzo de 2000 pola que se modifica a do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, convoca expediente de contratación polo procedemento aberto e tramitación urxente, mediante concurso, para prestación da asistencia en materia de protección radiolóxica, nas instalacións e equipos de radioloxía xeral que se relacionan no prego de cláusulas administrativas particulares que regula este expediente.

Obxecto e orzamento.

A prestación da asistencia en materia de protección radiolóxica, por un orzamento máximo de 9.725.119 pesetas. (58.449,14 A) (IVE incluído).

Prazo de entrega.

Desde a data de asinamento do contrato.

Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poderán ser solicitados no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa, s/n (27004) Lugo. Tfno. 982 29 65 52 e fax 982 21 29 24.

Fianzas.

Os adxudicatarios deberán consignar unha fianza definitiva do 4% do importe de adxudicación. Constituirase segundo o disposto no artigo 36 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Solvencia económica e financeira.

Será acreditada por un ou varios dos medios establecidos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica.

Será acreditada por un ou varios dos medios establecidos no artigo 18 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Clasificación.

Non se precisa.

Criterios de adxudicación.

-Valoración técnica, ata 5 puntos.

-Recursos humanos e materiais ofertados, ata 3 puntos.

-Oferta económica, ata 2 puntos.

Admisión de variantes.

Non se admiten variantes.

Presentación de proposicións.

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde antes das 14 horas do décimo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios.

Os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 12 de febreiro de 2001.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo