Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 09 de marzo de 2001 Páx. 3.029

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto liña de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV Eume-Mourela, nos concellos da Capela e As Pontes de García Rodríguez (A Coruña), promovido pola empresa Unión Eléctrica Fenosa, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 11 de decembro de 2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto liña de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV Eume-Mourela, nos concellos da Capela e As Pontes de García Rodríguez (A Coruña), promovido pola empresa Unión Eléctrica Fenosa, S.A. que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director Xeral de Industria

Declaración impacto ambiental

Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopa a presentada pola empresa promotora:

-Línea de transporte de energía eléctrica a 132 kV Eume-Mourela. Estudio de impacto ambiental,

-L.A.T. 132 kV Eume-Mourela. Estudio de alternativas de trazado. Marzo 2000,

-Planos denominados Estudio de impacto ambiental de la línea L.A.T. DC 132 kV Eume-Mourela. Localización. Nº de plano U.F.I.S.A. 1838MG0001. Hojas 2, 3 y 4'' e listado de coordenadas U.T.M. de los apoyos. L.A.T. 132 kV Eume-Mourela.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve establecer pola presente DIA as seguintes condicións, ademais das incluídas na documentación presentada, de xeito que se asegure a minoración dos posibles efectos ambientais negativos, co fin de que a realización do proxecto poida considerarse ambientalmente viable.

No caso de que exista contradicción entre o estipulado na documentación avaliada e a presente declaración, prevalecerá o disposto na declaración. En calquera caso, a prelación da documentación é a seguinte: declaración de impacto ambiental, estu

dio de alternativas de trazado e estudio de impacto ambiental, por esta orde.

1. Ámbito da declaración.

A presente declaración refírese en exclusiva á instalación dunha liña eléctrica de alta tensión (132 kV), aérea en simple circuíto, con dous conductores por fase, que discorre entre a central hidroeléctrica do Eume e a subestación de Mourela, cunha lonxitude total duns 16.770 m, con apoios de celosía sobre zapatas de formigón, con illadores, conductores eléctricos de terra e fibra óptica.

A traza discorre polos concellos da Capela e As Pontes de García Rodríguez, sendo as coordenadas U.T.M. dos apoios, as indicadas nos planos denominados Estudio de impacto ambiental de la linea L.A.T. DC 132 kV Eume-Mourela. Localización. Nº de plano U.F.I.S.A. 1838MG0001. Hojas 2, 3 y 4'', e que se recollen a continuación:

Nº apoioXY

Pórtico saída577537,334806510,38

1 (V-1)577549,854806733,60

2577567,834806847,19

3 (V-2)577578,784806916,33

4577688,734806953,30

5578025,204807066,47

6578307,664807161,47

7578451,734807209,92

8578623,294807267,62

9578809,064807330,11

10579003,364807395,46

11579174,924807453,16

12579532,254807573,34

13579736,984807642,19

14579993,844807728,58

15580197,634807797,12

16580523,684807906,78

17580731,254807976,60

18581098,064808099,97

19 (V-3)581383,574808195,99

20581584,474808189,56

21582095,214808173,23

22582305,104808166,52

23582520,994808159,61

24582858,824808148,81

25 (V-4)583045,114808142,85

26583280,474808199,19

27583424,404808233,64

28583580,004808270,89

29583755,064808312,79

30584241,324808429,19

31584414,434808470,62

32584647,844808526,50

33584891,944808584,93

Nº apoioXY

34585193,424808657,09

35585479,354808725,53

36585673,854808772,09

37585916,984808830,29

38586233,054808905,95

39586478,134808964,61

40586683,334809013,73

41586978,984809084,50

42587319,374809165,98

43587513,874809212,54

44587667,534809249,32

45587971,934809322,19

46588226,734809383,18

47588346,874809411,94

48588819,524809525,08

49 (V-5)589007,824809570,15

50589434,924809620,04

51589814,344809664,36

52 (V-6)590196,104809708,95

53 (V-7)590398,834809666,13

54590650,184809647,96

55 (V-8)590823,774809635,41

56590985,604809577,16

57 (V-9)591105,774809533,90

58 (V-10)591270,224809402,95

59591399,144809343,44

60591499,024809297,34

61591682,424809212,68

62 (V-11)592060,124809038,33

63 (V-12)592341,624809055,12

64592428,564809134,91

65 (V-13)592620,114809310,72

66 (V-14)592841,394809412,94

67 (V-15)592948,974809594,66

68 (V-16)592868,734809748,50

2. Protección da atmosfera.

2.1. Sobre campos eléctricos e magnéticos.

Deberase contemplar na zona de Espá-Bidueiro a Recomendación del Consejo de 12 de julio de 1999 relativa a la exposición al público en general a campos electromagnéticos (0 Hz a 300 GHz).

2.2. Sobre a emisión de po.

Co fin de diminuí-la emisión de po á atmosfera, que se pode producir pola construcción das vías de acceso e polos labores de escavación para a cimentación dos apoios, procederase, en periódos

de seca, á humectación das zonas onde se estean realizando estes traballos, especialmente nas zonas poboadas e nas que teñan vexetación de interese (carballos e castiñeiros principalmente).

2.3. Sobre a contaminación acústica.

Os niveis de presión sonora non poderán supera-los valores límite de recepción para ruído ambiente exterior establecidos no artigo 8 do anexo da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, así como, se fora o caso, as ordenanzas municipais establecidas ó respecto.

Ademais, de acordo co punto 8º do artigo 4 da citada lei, presentarase un estudio acreditativo do impacto acústico do proxecto, estudio que se require no punto 10.5 da presente DIA.

3. Protección das augas e leitos fluviais.

Se, co motivo da execución dalgunha vía se atravesase algún curso fluvial, será preceptiva a autorización do organismo Augas de Galicia, segundo se establece na Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas, e no Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico.

Nos terreos próximos ós cursos e regatos, instalaranse trampas de sedimentos ou mallas para evita-la escorrega, co fin de evita-la incorporación de solidos os cursos de auga.

Non estando previsto no estudio de impacto presentado a reserva dunha zona para a fabricación de formigón, este, necesariamente, será provisto desde instalación ou instalacións fóra da obra, e que conten coas debidas autorizacións.

Os labores de mantemento e reparación da maquinaria durante a fase de construcción realizaranse en talleres autorizados, eliminando así o risco de derrames accidentais que poidan afecta-los cursos de auga. Cando isto non sexa posible polas características da maquinaria (non autorizada para circular por estradas, por exemplo), estas tarefas realizaranse nos lugares dispostos para tal fin dentro da zona de obras, protexendo o chan con materiais impermeables.

Os aceites, graxas e outros residuos xerados nas tarefas de mantemento durante a fase de explotación da liña deberán ser recollidos en contedores axeitados e entregados a un xestor autorizado debidamente acreditado. En tanto non se produza a entrega ó xestor, estes contedores almacenaranse nun lugar disposto para tal fin, atendendo ós criterios de almacenamento establecidos na lexislación vixente, e debidamente sinalizado. A localización deste almacenamento deberá indicarse na documentación que se presentará de acordo co punto 11.3.b) desta DIA.

4. Protección do solo.

Realizarase unha delimitación das zonas de obra de acordo co indicado no punto 10.3 da presente

declaración de impacto ambiental, estando prohibido invadir terreos fóra dos inicialmente previstos. A circulación de maquinaria restrinxirase ás vías.

Aproveitarase ó máximo á rede de camiños xa existentes co fin de minimiza-la construcción de novos tramos de acceso.

As vías de acceso e cimentacións executaranse tendo en conta os efectos da pluviometría da zona e a natureza do solo, co fin de diminuí-los arrastres e perdas de solo.

Nos movementos de terras equilibrarase ó máximo o volume de desmonte co de terrapléns.

A camada edáfica ou horizonte vexetal do solo será retirada durante os labores de escavación e amoreada en montóns, dependendo das características destes e do seu uso final:

-No caso de reutilizala na restauración, os amoreamentos non superarán os dous metros e medio de altura.

-No caso de abandono, a altura máxima permitida destes amoreamentos será de 50 cm e a revexetación deberá ser inmediata.

Os lugares de amoreamento de terra vexetal estarán fóra do tránsito da maquinaria, para evita-la súa compactación, de tal xeito que non perda a súa calidade e poida ser empregada posteriormente nas accións de recuperación. No caso de que pasen máis de seis meses deberán airearse. Así mesmo, a zona de localización debe ter pendentes suaves, onde a afección do hábitat sexa inapreciable.

Disporase de medidas correctoras ou protectoras, nas zonas alteradas polas obras, para evita-los fenómenos erosivos e de asolagamento.

Tódolos residuos xerados durante a fase de construcción, lixo, entullo, así como os materiais sobrantes de obra, serán xestionados de acordo coa súa natureza, recibindo a xestión disposta na lexislación vixente. Neste senso, primarase a reutilización ou reciclaxe fronte á vertedura. Ó finaliza-las obras a zona debe quedar totalmente limpa.

5. Protección da fauna e vexetación.

5.1. Sobre a fauna.

Respecto á avifauna, tomaranse as medidas protectoras necesarias para minimiza-lo risco de choque e electrocución, sendo precisa a presentación dun estudio que describa e xustifique a adopción destas medidas, segundo o indicado no punto 10.1 desta DIA.

De acordo co EsIA, levarase a cabo un programa de vixilancia periódica co fin de comprobar se se producen colisións e/ou electrocucións de aves cos cables do tendido, observando en que zonas se producen e que especies son afectadas. Se se constata a afección da avifauna, analizaranse as causas e estableceranse as medidas correctoras oportunas.

5.2. Sobre a vexetación.

Os restos da corta serán eliminados de acordo co negociado co seu propietario, debendo ter en conta as boas prácticas de eliminación destes residuos; considerando o disposto na Resolución do 26 de xaneiro de 2000 da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, sobre medidas para prevención de incendios forestais durante o ano 2000.

Empregaranse técnicas de roza, nas que prevalezan as raíces, tocos e cañotos, que favorezan a revexetación por especies autóctonas nas diferentes zonas afectadas polas obras, nas que se prevexa unha revexetación inmediata, e métodos de trituración e esparexemento homoxéneo, para permitir unha rápida incorporación ó solo, diminuíndo as posibilidades de incendio.

Cando for o caso caso, calquera aproveitamento ou utilización da vexetación de ribeira precisará da preceptiva autorización do Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural, tal como se recolle na Lei 7/1992, de pesca fluvial, e no Decreto 130/1997, que desenvolve o regulamento da antedita lei.

Tódolos terreos afectados, deteriorados ou deforestados pola execución das obras (instalación dos apoios, execución de vías e cunetas) deberán ser recuperados mediante revexetación, que restitúa as condicións previas ó inicio das obras e favoreza a reinstalación da vexetación orixinal. Aquelas vías que non vaian ser empregadas durante a fase de funcionamento da liña deberanse definir e reintegrar na paisaxe, revexetándoas en toda a súa extensión.

Para tal efecto, débese presentar un plan de restauración, de acordo co indicado no punto 10.3. da DIA.

6. Protección dos valores arqueolóxicos.

Dado que no estudio ambiental non se presenta información que permita avalia-la incidencia da súa execución no patrimonio cultural, observarase o disposto pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, unha vez avaliada e emitido informe sobre a documentación requirida no punto 10.4. desta declaración.

7. Protección dos valores paisaxísticos.

O conxunto de elementos que configuran a liña, principalmente as vías de acceso de nova creación, deberán integrarse na paisaxe.

8. Outras medidas.

8.1. No referente ó cruzamento entre liñas, atenderase ó disposto no Decreto 3151/1968, do 23 noviembre, por el que se aprueba el Regulamento de liñas eléctricas aéreas de alta tensión (BOE 311, do 27 de decembro) e a súa corrección de erros (BOE 58, do 8 de marzo de 1969).

8.2. Neste caso, e dado que é inevitable que a devandita liña afecte unha zona do parque natural das Fragas do Eume, debido a que a central atópase enclavada no interior deste, deberán propoñerse

medidas compensatorias (segundo el punto 4º, artigo 6, do Real decreto 1997/1995, do 7 de decembro) encamiñadas a rehabilitar unha zona de fraga cunha superficie equivalente á afectada, e dentro do parque.

9. Fase de abandono das instalacións.

Ó longo da fase de abandono, unha vez rematada a vida útil da liña de alta tensión, procederase, con carácter xeral, á desmontaxe e retirada dos apoios, retirada de calquera tipo de elemento susceptible de provocar contaminación, sendo entregados todos eles a un xestor autorizado para a súa correcta eliminación. Así mesmo, restauraranse os accesos creados para uso exclusivo da liña.

10. Documentación adicional.

a) No prazo máximo dun (1) mes desde a recepción da presente declaración, o promotor deberá presentar por triplicado a proposta de medidas compensatorias relativas á rehabilitación como mínimo dunha zona de fraga cunha superficie equivalente á afectada no parque natural das Fragas do Eume e calquera outra medida que coide preciso.

b) Previamente ó inicio das obras, o promotor presentará ante o órgano substantivo, a seguinte documentación por triplicado, na forma e cos contidos recollidos a continuación:

10.1. Definición do programa de vixilancia periódica, proposto no programa de vixilancia ambiental, das colisións e electrocucións da avifauna, así como a xustificación dos dispositivos e medidas de deseño adoptadas para minimiza-lo risco de electrocución e choque da avifauna coa liña, detallando a sinalización do cable de terra e medidas de illamento empregadas.

10.2. Documento que inclúa o desenvolvemento detallado de tódalas medidas protectoras e correctoras contidas no estudio ambiental e as derivadas da presente DIA.

10.3. Estudio de detalle da proposta do plan de traballo previsto pola empresa contratada, no que se inclúa a localización de tódalas infraestructuras da liña eléctrica e os límites das zonas de obra. Describirase o percorrido das vías, diferenciando os de nova creación dos xa existentes, e incluirase a localización dos apoios en coordenadas U.T.M. Neste documento incluirase o plan de restauración das zonas afectas polos movementos de terras, especificando a contía das superficies por restaurar, as especies e densidades que se empregarán, a maquinaria, a planificación, o calendario de actuacións e orzamento.

10.4. Sobre accesos e os apoios, de acordo co punto 6 da declaración de impacto ambiental, deberase presentar un estudio específico do impacto do proxecto sobre o Patrimonio Cultural, que terá que

incluír unha prospección arqueolóxica intensiva da zona que abrangue o proxecto, no que se inclúa:

-Prospección arqueolóxica de campo, de toda a liña eléctrica e os seus accesos.

-O proxecto de obra incorporará, de ser necesario, un programa de actuacións arqueolóxicas compatible co plan de obra.

10.5. Estudio acústico, realizado por entidade homologada, cos contidos incluídos no Decreto 150/1999, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de protección contra a contaminación acústica (DOG nº 100).

10.6. Plano, a escala 1/10.000 ou maior detalle, no que se reflicta:

-O emprazamento das moreas de terra.

-A localización do lugar destinado ó almacenamento temporal de residuos.

-Delimitación das zonas de obra.

Unha vez informado por esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental que se cumpriu o indicado nos puntos anteriores, o promotor comunicará a esta dirección xeral a data de inicio das obras, remitindo, como mínimo 48 horas antes do seu comezo:

10.7. Cronograma estimado de obras, que inclúa tódalas actividades que se van realizar.

A documentación requirida no presente punto 10 remitiráselle ó órgano substantivo, quen dará traslado a esta dirección xeral para a súa valoración e, se procede, a imposición de medidas protectoras e/ou correctoras adicionais.

Unha vez feita esta avaliación, remitiráselle ó promotor o seu resultado, non podendo proceder ó desenvolvemento do proxecto ata que non conte co informe favorable desta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

11. Programa de vixilancia e seguimento ambiental (PVSA).

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras contempladas no estudio ambiental e do condicionamento da presente declaración. O programa debe permitir detectar e corrixir diferentes alteracións que non se puidesen prever no estudio ou no condicionado da DIA, permitindo determinar e cuantificar impactos non previsibles e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Tendo en conta o anterior, o promotor remitirá a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación

Ambiental, a través do órgano substantivo e coa periodicidade indicada, a seguinte documentación:

1. Durante a execución das obras, presentarase con carácter mensual, un informe de obras que inclúa:

a) Cronograma de obras debidamente actualizado, con tódalas actividades, resaltando as críticas, debéndose incluí-las medidas protectoras e/ou correctoras de carácter ambiental.

b) Resultados das medicións do nivel de ruído, indicando o persoal de obra e a maquinaria en funcionamento durante a realización da medición, na fase de construcción da liña, de acordo co indicado no punto 2.3 da presente DIA. Terase en conta que as medicións serán efectuadas por entidade homologada, debendo presentarse o informe de resultados asinado por técnico competente.

c) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica, onde se reflicta o desenvolvemento dos traballos, recollendo así mesmo as incidencias, imprevistos e continxencias acontecidas en relación a tódolos aspectos incluídos nesta DIA. Nas fotografías deberase indicar a data e hora de toma. Así mesmo, indicarase no plano requirido no punto 11.1.d. o lugar onde se realizaron as fotografías.

d) Plano, en coordenadas U.T.M., a escala 1:25.000 ou maior detalle, onde se reflictan os avances dos traballos e porcentaxe de execución das obras respecto ó total, referida ós distintos elementos que conforman o proxecto: vías, implantación de apoios e cunetas, así como unha lista da localización dos apoios, en coordenadas U.T.M.

2. Ó final das obras, comunicarase a data prevista para a posta en funcionamento da liña e presentarase un informe de fin de obras co seguinte contido mínimo:

a) Definición dos imprevistos e continxencias acontecidas durante a realización das obras, en relación a tódolos aspectos incluídos nesta DIA, e descrición detallada do estado final da área afectada.

b) Plano, en coordenadas U.T.M., a escala 1:10.000 ou maior detalle, onde se reflictan tódolas accións de obra realizadas e os distintos elementos implantados, así como as zonas onde se realizaron medidas protectoras e/ou correctoras de carácter ambiental.

c) Documentación acreditativa da entrega a xestor autorizado dos residuos xerados.

d) Reportaxe fotográfica, indicando nas fotografías a data e hora de toma, na que se recolla os aspectos máis salientables da actuación: zonas nas que se implantaron os apoios, estado das vías de acceso e servicio á liña eléctrica, estado de limpeza da área. Así mismo indicarase no plano requirido no punto 11.2.b. o lugar onde se realizaron as fotografías.

3. Informe de seguimento ambiental semestral contando desde o inicio da explotación, durante os dous primeiros anos desta. Este informe semestral incluirá, como mínimo, os seguintes contidos:

a) Resultado do seguimento das posibles afeccións á avifauna, de acordo co EsIA, conforme o indicado no punto 5.1 da DIA.

b) Documentación acreditativa da entrega a xestor autorizado dos residuos xerados e plano onde se localice o lugar para o seu almacenamento. No seu caso, xuntarase documento acreditativo de estar dado de alta como pequeno productor de residuos perigosos.

c) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica, indicando nas fotografías a data e hora de toma, no que se recollan os resultados da aplicación do plan de recuperación de solos e vexetación presentado polo promotor, incluíndo os avances no proceso de rexeneración da cuberta vexetal en tódalas zonas afectadas polas obras e aquelas nas que se aplicasen medidas de protección contra a erosión e, se é o caso, integración paisaxística. Así mesmo indicarase nun plano coma o requirido no punto 11.2.b. o lugar onde se realizaron as fotografías.

d) Control da intensidade e potencia do campo eléctrico e magnético nas vivendas máis próximas á L.A.T., segundo as normas UNE en vigor.

Á vista dos resultados obtidos durante os dous primeiros anos de explotación da liña, establecerase a periodicidade e contidos deste informe de seguimento ambiental.

4. Informe ambiental previo ó abandono: nun prazo de seis (6) meses previos á finalización da explotación da L.A.T., remitirase un programa de abandono das instalacións, que conterá as accións previstas polo promotor en cumprimento do punto 9 da presente declaración de impacto ambiental.

5. Informe posterior ó abandono: nun prazo máximo de dous meses contando desde o fin das accións para o desmantelamento e abandono da instalación, enviarase informe que conteña a descrición detallada das accións que teñan carácter ambiental, especialmente no relativo a residuos perigosos, elementos paisaxísticos, e restauración das superficies afectadas.

No caso de que se detecten, como resultado deste seguimento en calquera das súas fases, alteracións que superen os limiares establecidos nesta declaración ou na lexislación aplicable, comunicaranse inmediatamente a esta dirección xeral e proporanse as medidas correctoras precisas para corrixilas.

12. Condicións adicionais.

12.1. Para efectos de seguimento da presente declaración, o órgano substantivo comunicará a este órgano ambiental a data de notificación da DIA ó promotor.

12.2. As condicións sinaladas nesta declaración de impacto ambiental (DIA) son de obrigado cumprimento para a empresa promotora. Sen embargo,

o promotor poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas indicadas, co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación, ou implicasen modificacións importantes na actividade, e sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican.

Nesta circunstancia, o promotor realizará a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Esta solicitude remitirase nun prazo máximo dun (1) mes despois de serlle notificada a presente DIA polo órgano substantivo. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental procederá á súa avaliación, comunicando o acordo adoptado ó promotor, quen non poderá comenza-las obras antes de contar cunha resolución desta dirección xeral para o efecto.

12.3. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o promotor deberá designar un responsable de control deste, notificando o seu nomeamento ó órgano substantivo, quen o comunicará ó órgano ambiental.

12.4. Calquera cambio no proxecto ou na restante documentación avaliada deberá ser comunicado previamente a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen o avaliará e, se é o caso, aprobará se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

12.5. Previamente ó comezo das obras, o promotor deberá depositar un aval para garanti-lo cumprimento das medidas protectoras e para facer fronte ós posibles danos que se produzan ó medio. O importe definitivo do aval proporase cando o promotor presente o orzamento das medidas protectoras e correctoras e plan de recuperación. Mentres non se presente axeitadamente este orzamento, como importe do aval proponse o 4% do investimento que se vaia realizar.

12.6. O órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá establecer, en calquera momento e só para os efectos ambientais, condicionamentos adicionais á presente declaración en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da explotación, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non previsto actualmente.

12.7. Se, unha vez emitida esta declaración, se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o ambiente, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou por solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e ata que estes se corrixan.

12.8. Así mesmo, o incumprimento total ou parcial por parte da empresa promotora, das condicións impostas nesta DIA, poderá ser causa suficiente para proceder á solicitude de peche cautelar e adopta-las medidas oportunas en cumprimento da lexislación vixente.

12.9. A presente resolución, adoptada por esta dirección xeral, non exime ó promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes, incluídos, se é o caso, os da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural e o Plan Xeral de Ordenación Urbana ou Normas Subsidiarias.

12.10. O proxecto de referencia terase que someter á autorización do órgano urbanístico competente desta Administración autonómica, de acordo coa Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

12.11. O promotor queda obrigado a cumprir tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

ANEXO I

RESUMO DO PROXECTO

O proxecto consiste na instalación dunha liña eléctrica de alta tensión 132 kV, aérea en dobre circuíto, para dar saída á enerxía producida na central do Eume a través da subestación de Mourela, cunha lonxitude total duns 16.770 m (3.950 m transcorren polo concello da Capela e 12.820 m polo das Pontes de García Rodríguez), con apoios de celosía de aceiro galvanizado sobre zapatas de formigón, con illadores e conductores de electricidade de terra e fibra óptica.

O tendido iníciase na Central do Eume, que se atopa a uns 3 km, augas abaixo, da presa do encoro, no lugar chamado O Cal das Nogueiras, atravesa o río en dirección norte, ascendendo por unha zona catalogada como fraga, a media encosta torna cara a leste-norleste atravesando os montes de Linarede e A Pedreira, entrando no concello das Pontes de García Rodríguez polo sur do pico Fontardión, tornando cara ó leste atravesa A Cruz do Barbeito ata chegar ó alto da Arricada, onde retoma a dirección leste-norleste pasando polo Monte Cochón, A Pena Furada, O Rego Barreiro e ó chegar ó Serrón das Forxas, tornando cara ó leste ata O Espá da Riba, virando cara ó sur a medida que avanza ata chegar á Cañota, atravesa As Brañas para chegar á subestación de Mourela.

A liña discorre polos concellos da Capela e As Pontes de García Rodríguez.

As medidas protectoras e correctoras propostas no EsIA inclúen as seguintes:

-Aproveitarase ó máximo a rede de camiños existentes co fin de minimiza-la construcción de novos tramos de acceso.

-Buscarase a máxima adaptación ó terreo dos posibles novos tramos de acceso, de forma que se sigan as curvas de nivel, evitando as ladeiras de forte pendente ou as proximidades de regatos e abarran

camentos, co fin de minimiza-la creación de noiros que poidan sufrir procesos de inestabilidade ou nos que se poidan iniciar procesos erosivos.

-Os accesos realizaranse de tal xeito que afecten minimamente a rede natural de drenaxe.

-Sempre que as condicións do terreo o permitan, o paso de maquinaria realizarase sobre as rodeiras anteriores, evitando a compactación do solo e afecta-la vexetación.

-A pista de traballo sinalizarase convenientemente co fin de que os operarios non teñan confusión respecto á súa beira. Evitarase saca-lo vehículo fóra da pista.

-Nos movementos de terras, os maquinistas non soltarán o cazo desde certa altura, senón que depositarán a terra do mesmo xeito no que o fan para a apertura de gabias.

-Tódolos residuos xerados durante a fase de construcción almacenaranse axeitadamente e serán retirados da zona a vertedoiros autorizados, dependendo a súa disposición final da natureza do residuo.

-Non se permitirá a vertedura de entullos, lixo ou desperdicios no contorno da área do proxecto ou en calquera outro lugar non autorizado.

-Extremaranse as precaucións sobre verteduras accidentais de materiais de construcción ou aceite, combustibles e residuos, retirando en caso de accidente o residuo vertido o máis rapidamente posible co fin de evita-la contaminación do solo e das augas.

-As operacións da maquinaria, no caso de que teñan que realizarse na zona de obras, levaranse a cabo en lugares dispostos para isto, afastados dos cursos de auga e procurando que as verteduras sólidas e líquidas (aceites, graxas, pezas, etcétera) sexan debidamente xestionados.

-Evitaranse os danos innecesarios á vexetación, especialmente á vexetación leñosa e matorreira, en tódolos traballos, apertura de accesos, franxa de seguranza, cimentacións, etcétera.

-Sempre que sexa posible procederase á retirada previa da terra vexetal procedente das obras que impliquen movementos de terra, así como á súa conservación e recuperación posterior nos traballos de restauración e recheo, trasladando o volume sobrante á entulleira autorizada.

-Evitaranse os danos ou molestias innecesarias a calquera animal durante as fases de construcción.

-Adecuarase a velocidade dos vehículos nas pistas para minimiza-los ruídos.

-Levarase a cabo un seguimento detallado dos traballos a pé de obra, de tal xeito que, se se detectase algún xacigo arqueolóxico, comunicarase inmediatamente ó organismo competente e atenderase ás disposicións vixentes canto á súa protección.

-A terra vexetal almacenada estenderase polos noiros, para mellora-la estabilidade e evita-la erosión.

-Levarase a cabo un proxecto de restauración paisaxística e vexetal no primeiro tramo da liña (apoios 1 ó 20).

-De detectar fenómenos erosivos, realizarase unha sementeira de especies de crecemento rápido similares ás presentes na zona.

-Restitución de camiños e infraestructuras que poidan afectarse durante as obras.

ANEXO II

RESULTADOS DAS CONSULTAS A ORGANISMOS

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite un informe da liña de transporte de enerxía a 132 kV Eume-Mourela. Estudio de impacto ambiental, no que conclúe:

Destaca a inexistencia de informes baseados en traballos de campo relativos ó impacto do proxecto sobre o patrimonio cultural, segundo se establece no artigo 6 do Real decreto lexislativo de avaliación de impacto ambiental, e no artigo 32 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Así mesmo terase en conta a natureza do rexistro arqueolóxico galego, moitas veces enmascarado por unha basta vexetación ou ben cuberto por procesos sedimentarios, polo que non se debe descarta-la posible existencia de xacigos arqueolóxicos non detectados ata agora.

Por todo isto, é conveniente a realización dun estudio específico do impacto do proxecto sobre o patrimonio cultural (facendo especial fincapé no patrimonio arqueolóxico), de acordo co artigo 32 impacto ambiental, da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, onde sexan establecidas as posibles afeccións neste patrimonio. O estudio incluirá unha prospección arqueolóxica, levada a cabo por técnicos competentes, de acordo cun proxecto presentado e autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. O proxecto de prospección arqueolóxica terá que incluír:

A prospección arqueolóxica intensiva da zona que abrangue o proxecto. Polo tanto, débese ter en conta que:

-O proxecto deberá incorpora-la prospección arqueolóxica de campo, de toda a liña eléctrica e os seus accesos, para a catalogación e delimitación dos restos arqueolóxicos localizados.

-O proxecto de obra incorporará, de ser necesario, un programa de actuacións arqueolóxicas compatible co plan de obra, de cara á protección e conservación dos xacigos arqueolóxicos, en coordinación coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.

Os resultados da prospección, xunto cos planos das obras que poidan afectar a xacigos arqueolóxicos, deberán remitirse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, que dará traslado á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, co fin de esta

blece-las medidas correctoras oportunas para a protección dese patrimonio.

Os traballos descritos financiaranse con cargo á execución do proxecto.

A Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural emite un primeiro informe no que conclúe:

No EsIA sinálase que ata o apoio 21 a liña transcorre no dominio do parque natural das Fragas do Eume. Dentro das zonas afectadas pola liña atopámonos con áreas catalogadas como fragas, de repoboación de matorreira, pastos, zonas de reserva e cultivos de acordo co establecido no PORN aprobado mediante Decreto 211/1996, do 2 de maio.

Con respecto á valoración do impacto ambiental, minimízanse os efectos reais producidos, así a implantación da liña suporá a eliminación permanente da cuberta arbórea que, sen dúbida, desencadeará efectos de fragmentación e barreira. Subliñar que a liña eléctrica que propón o promotor bordea a zona de reserva do parque natural que foi seleccionada, entre outros, en razón dos seus valores zoolóxicos.

Por outra banda, tanto a liña como o mantemento dela, supón un importante impacto visual da área.

1. Non se presentan alternativas do trazado e non se xustifica axeitadamente a necesidade da nova liña, ó contar a central eléctrica xa con varias.

Presentarase polo tanto un estudio de alternativas que estudie entre outras propostas, a viabilidade de facer pasar a liña por algún dos trazados xa abertos. Este paso por unha liña xa aberta pódese facer modificando as torretas, para que soporten un maior número de conductores, ou ben facendo unha liña subterránea.

Na liña que se presente como alternativa menos impactante deberanse indica-las coordenadas exactas dos apoios, así como todas aquelas actuacións que se consideren oportunas para a súa execución. Definiranse de xeito que se poida replantear perfectamente no terreo, ademais avaliarase o impacto producido polo conxunto das accións previstas.

2. Refiren que se aproveitará ó máximo a rede de camiños xa existente co fin de minimiza-la construcción de novos tramos de acceso. Considerase axeitada a súa proposta, sen embargo pode xurdi-la a necesidade de abrir algunhas novas.

Estímase oportuna a sinalización de todas aquelas pistas que sufran unha modificación ou apertura, describindo detalladamente as características que o definen, así como os parámetros do medio que son afectados.

No tocante ás pistas ou trochas abertas durante a fase de execución, haberá que xustifica-la súa necesidade futura, ou senón, procederase a súa restauración. Débense sinalar todos e cada un dos accesos que se precisen, definindo a obra tecnicamente e describindo os efectos que desencadeen no medio.

3. É previsible a corta de grande cantidade de biomasa, que será preciso xestionar; recoméndase a valorización dos restos de corta empregando métodos de trituración e esparexemento homoxéneo, por permitiren unha rápida incorporación ó solo e diminuíren as posibilidades de incendio.

4. Comenta-la necesidade de conservación e recuperación do solo vexetal procedente das obras que implique movementos de terras, para logo poder entregalos nos traballos de restauración e recheo.

Esta terra vexetal deberá amorearse en lugares axeitados, de forma que se cumpran os seguintes requirimentos:

-No caso de que se empregue en labores de restauración os montículos non superarán os 2,5 metros de altura, en caso de abandono serán alturas de un máximo de 50 cm.

-Procederase a súa revexetación inmediata.

-Os montículos que se empreguen para os labores de restauración airearanse transcorridos períodos de un máximo de 6 meses.

-Emprazaranse en zonas de pendentes suaves, onde a afección do hábitat sexa desprezable, preverase previamente a execución da obra.

-Controlaranse os procesos erosivos, coas medidas axeitadas. Así mesmo, coidarase de non producir fenómenos de asolagamento.

-Evitarase o paso de maquinaria por riba dos amoreamentos.

5. Deberase desenvolver axeitadamente como se realizarán os traballos de restauración e revexetación, expoñendo os aspectos cualitativos e cuantitativos deles (zonas de restauración, especies empregadas, método de preparación do terreo, densidades...). Articularanse estas medidas cun plan de revexetación que teña en conta os aspectos anteriores.

6. Os aceites son un contaminante importante e difícil de tratar, deberán polo tanto ser xestionados en concordancia co disposto na lexislación vixente.

7. Calquera tipo de utilización de vexetación nas ribeiras dos ríos precisará de autorización do Servicio Provincial de Medio Ambiente.

8. Non se poderá efectuar ningunha actividade que non veña recollida no EsIA, ou ben non sexa proposta na declaración de impacto ambiental.

No seu segundo informe de data 16 de novembro de 2000, sobre o documento estudio de alternativas de trazado, conclúe:

1. A alternativa seleccionada corresponde coa presentada no EsIA como alternativa única. Da análise efectuada do documento, esa alternativa é a menos impactante no medio, das tres propostas.

2. Tendo en conta que é inevitable que a devandita liña afecte unha zona do parque natural das Fragas do Eume, dado que a central se atopa encravada

no interior deste, é conveniente, no caso da súa viabilidade técnica, o aproveitamento das liñas existentes. En calquera caso, proporanse as medidas compensatorias que palien a afección que produce sobre o ecosistema a serventía da liña.

3. A zona interior do parque, afectado polo trazado proposto, que sustenta hábitats de maior valor e fraxilidade ecolóxica corresponderíase coa zona de fraga. Neste caso deberán propoñerse, no suposto de considerarse inviable a súa non afección, medidas compensatorias encamiñadas a rehabilitar unha zona de fraga cunha superficie equivalente á afectada, e dentro do parque.

A Dirección Xeral de Industria emite informe favorable, acompañado dunha proposta de condicionado ambiental que inclúe os seguintes puntos:

-Ámbito territorial da actuación.

-Protección do solo.

-Protección da fauna e flora.

-Protección de valores arqueolóxicos e etnográficos.

-Outras medidas.

-Recuperación situación orixinal tras fase de explotación.

-Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

-Condicións adicionais.

-Condicións específicas.

-Condicións xerais.

Asemade, remite con data 7 de decembro de 2000 un informe sobre a necesidade da liña de alta tensión, no que se indica:

A liña de alta tensión a 132 kV de conexión entre as subestacións de Eume e Mourela proxéctase polo aumento da capacidade de xeración eléctrica na zona situada entre a central térmica das Pontes de García Rodríguez e a subestación de Pedrido, interconectada coa subestación de Eume mediante unha liña de 132 kV.

A previsión de acadar unha potencia total de 379 MW entre as instalacións xa existentes e previstas: minihidráulicas, coxeracións e parques eólicos, pode orixinar, nas condicións actuais da rede eléctrica, problemas de evacuación de toda esta enerxía producida en determinadas situacións de mercado e xeración, xa que se vai pasar dun saldo netamente importador de enerxía a un saldo exportador.

Como consecuencia, para mante-las mesmas condicións de calidade e seguranza de suministración, faise necesaria a construcción dunha nova liña de evacuación a 132 kV ata a subestación de Mourela. De non executarse a antedita liña, ante diferentes disparos de liñas provocaríase un refacho de disparos noutras liñas por sobreintensidade, que levarían a unha perda total do mercado da zona norte da Coruña; adicionalmente, en determinadas situacións de

máxima xeración e mínima demanda, poden aparecer mínimas sobrecargas nos trafos das Pontes de García Rodríguez.

ANEXO III

RESUMO DAS ALEGACIÓNS RECIBIDAS

As alegacións recibidas por parte de:

-Máximo López Fernández e outros.-Luis Mancebo Díez e outro.-Vicente Fraga Barro.-Vicente Fraga Vilasuso.-Dona María Josefa Nieto Cabarcos e Jesús Nieto Cabarcos.-Alfonso Fraga Barro e outro.

Coinciden todas nas que se resumen a continuación:

1. Sobre o contido xeral do estudio.

-Non se coñece a metodoloxía de valoración de impactos.

-Non considera os efectos acumulativos.

2. Sobre o contido do estudio no referente ó paso da liña pola zona Espá-Bidueiro e o impacto ambiental na fase de operación.

-Non se teñen en conta os impactos negativos da ocupación do terreo, paisaxe, atmosfera e impacto ecolóxico.

-Non se menciona o impacto polo campo electromagnético.

3. Propoñendo un trazado da liña con menor impacto ambiental, que evite o paso pola zona de Espá-Bidueiro.

-As compañías eléctricas son propietarias de gran superficie dos terreos nos dous concellos afectados polo paso da liña, polo que non se deberían afectar novos terreos.

-O trazado da liña transcorre entre as casas, polo que a xente estará exposta ós campos electromagnéticos.

Polo anteriormente exposto, pídese a modificación da liña de modo que discorra polos terreos de ENDESA.

Estas alegacións se acompañan dos seguintes documentos:

1. Resolución do Parlamento Europeo sobre a loita contra os efectos nocivos provocados polas radiacións non ionizantes.

2. Certificación de Manuel Larrosa Rodríguez, oficial maior e secretario en funcións do Concello das Pontes de García Rodríguez.

3. Fotografías.

4. Páxinas 239 a 242 Manual Básico de Seguranza e Saúde de ENDESA.

5. Artigos de diferentes periódicos.

6. Páxinas 24-26 Memoria Ambiental SEPI 1995.