Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 09 de marzo de 2001 Páx. 3.028

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Penela, nos concellos de Salvaterra de Miño e Ponteareas, da provincia de Pontevedra, por parte de Manuel Moo Rodríguez.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Manuel Moo Rodríguez, con domicilio en Lira, A Bugallal, Salvaterra de Miño, presentou nesta delegación provincial, o día 25 de febreiro de 2000, instancia-solicitude do permiso de investigación Penela, de 4 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Salvaterra de Miño e Ponteareas, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2850 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 26' 40"42º 10' 00"

Vértice 28º 26' 00"42º 10' 00"

Vértice 38º 26' 00"42º 09' 20"

Vértice 48º 26' 40"42º 09' 20"

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación

provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 31 de xaneiro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra