Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 09 de marzo de 2001 Páx. 3.028

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/39-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. avda. de Esteiro (parcela 29).

Situación: Ferrol.

Características técnicas: L.M.T.S. a 15 kV cunha lonxitude de 0,390 km, con orixe e final no entroncamento da L.M.T. entre os CC.TT. instituto feminino (expediente 7306) e Esteiro-12 (expediente 50401) conductor tipo R.H.V. Centro de transformación, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 15.000/380-220 V. Ferrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña