Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 09 de marzo de 2001 Páx. 3.022

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE VILAGARCÍA DE AROUSA

EDICTO (203/2000).

Eu, Dolores López López, xuíza de primeira instancia número dous de Vilagarcía de Arousa,

Fago saber que no devandito xulgado e con nº 203/2000 se tramita procedemento xudicial sumario ó abeiro do artigo 131 da Lei hipotecaria, por

instancia do Instituto Galego da Vivenda e Solo contra Antonia Fojo Fariña en reclamación de crédito hipotecario, no que por resolución desta data se acordou sacar a pública poxa por primeira vez e termo de vinte días os bens que logo se dirán, sinalándose para que o acto do remate teña lugar na sala de audiencia deste xulgado o día vintesete de abril ás 10 horas, coas prevencións seguintes:

Primeiro.-Non se admitirán ofertas que non cubran o tipo da poxa.

Segundo.-Os licitadores para tomar parte na poxa deberán consignar previamente na conta deste xulgado no Banco Bilbao Vizcaya, S.A. nº 366000180203/2000, cantidade igual, polo menos, ó vinte por cento do valor dos bens que sirva de tipo, facéndose consta-lo número e ano do procedemento, sen o que non serán admitidos, non aceptándose entrega de diñeiro en metálico ou cheques no xulgado.

Terceiro.-Poderán participar coa calidade de cede-lo remate a terceiros.

Cuarto.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, facendo o depósito ó que se fixo referencia anteriormente.

Quinto.-Os autos e a certificación do rexistro a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria, están de manifesto na secretaría do xulgado, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación existente, e que as cargas ou gravames anteriores e os preferentes -se os houbese- ó crédito do actor, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Sexto.-Tratándose de vivenda de protección oficial, a súa adxudicación só a poden face-las persoas que reúnan os requisitos establecidos no Decreto 98/1992, é dicir: a) Acreditar uns ingresos ponderados anuais inferiores a 2,5 veces o salario mínimo interprofesional; b) Residir habitualmente ou te-lo posto de traballo no municipio onde se sitúen as vivendas; c) Carecer de vivenda en calidade de propietario ou usufructuario ou atoparse nalgunha das circunstancias sinaladas no artigo 10.1,3 do referido Decreto 98/1992, debendo os que pretendan comparecer como ofertantes achegar acreditación do cumprimento de tales requisitos, sen a que non poderán participar na poxa.

Para o suposto de que non houbese ofertantes na primeira poxa, sinálase para a celebración dunha segunda, o día vintedous de maio ás 10 horas, servindo de tipo o 75% do sinalado para a primeira poxa, sendo de aplicación as demais prevencións da primeira.

Igualmente e para o caso de que tampouco houbese licitadores na segunda poxa, sinálase para a celebración dunha terceira, o día vintedous de xuño ás 10 horas, na que a poxa se celebrará sen suxeición a tipo; quen desexe tomar parte nela deberá con

signa-lo 20% do tipo que serviu de base para a segunda.

Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non puidese celebrarse a poxa no día e hora sinalados, entenderase que se celebrará o seguinte día hábil, á mesma hora, exceptuando os sábados.

O presente edicto servirá de notificación ó/ós debedor/es para o caso de non poder levarse a efecto no predio ou predios poxados.

Bens que se sacan a poxa:

Vivenda situada na quinta planta, letra C da parte central do edificio con acceso ó portal 2. Ten unha superficie de oitenta metros con vintetrés decímetros cadrados. Linda, dereita entrando, sur, resto de predio non edificado a esta altura; esquerda, norte, corredor de acceso, vivenda letra B da mesma planta e portal e rúa Fermín Bouza Brey; fronte, oeste, oco de escaleiras, corredor de acceso, oco de ascensor e vivenda letra B da mesma planta e portal; e fondo, leste, vivenda letra C da mesma planta do portal 1; situada en Vilagarcía de Arousa número 5-7º da rúa Fermín Bouza Brey, na urbanización O Piñeiriño, inscrita no Rexistro da Propiedade de Vilagarcía ó tomo 761, libro 24, folio 218, predio número 21180, existindo como anexo un rocho que figura co número 30, de nove metros sesenta decímetros cadrados, no aproveitamento baixo cuberta do inmoble.

Tipo de poxa:

Sete millóns duascentas vintedúas mil setecentas trinta e seis mil.

Dado en Vilagarcía de Arousa, doce de febreiro de dous mil un.

A xuíza

Rubricado

O secretario

Rubricado