Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 09 de marzo de 2001 Páx. 3.022

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA (SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (356/1998).

Acordado na peza de apelación civil nº 3002/2001, dimanante de autos de cognición 356/1998, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Pontevedra, sendo apelante-demandante Antonia Santiago Juncal e apelados-demandantes María Blanco Freire, Teresa Blanco Freire e Pilar Blanco Freire e apelados-demandados en rebeldía Manuel Blanco Freire e outros, dictouse sentencia co nº 10/2001, con data do 15 de xaneiro de 2001, que na súa resolución di:

«Que estimando o recurso de apelación interposto por Antonia Santiago Juncal, procede revogar e revogámo-la sentencia impugnada orixinante, dictada o vintesete de xullo de dous mil polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Pontevedra, estimando a demanda e declarando que os demandados non teñen dereito a transitar a pé, nin por calquera outro medio, polo predio da parte demandante referida no feito primeiro da demanda, condenándoos a que se absteñan de transitar polo mencionado predio por non encontrarse este gravado por ningunha servidume en beneficio do predio dos demandados, substituíndo a cancela de saída desde

a súa propiedade á da demandante por un peche que impida levar a cabo este tránsito, debendo absterse de realizar todo acto que menoscabe, límite ou vaia en contra do exercicio do dereito de propiedade que o demandante ten sobre o seu predio. Isto sen facerse pronunciamento en custas de ámbalas instancias».

E para que conste e se publique no Diario Oficial de Galicia, e sirva de notificación ós demandados en rebeldía Manuel Blanco Ferreiros, comunidade hereditaria de Aniceto Blanco Ferreiros, herdanza xacente de Aniceto Blanco Ferreiros e herdeiros descoñecidos ou ignorados de Aniceto Blanco Ferreiros, expídese e asínase o presente edicto en Pontevedra o dezaoito de xaneiro de dous mil un.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE VILAGARCÍA DE AROUSA