Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 09 de marzo de 2001 Páx. 3.018

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2001 pola que se convoca concurso de méritos para a provisión de postos de traballo de persoal funcionario de administración e servicios-área de bibliotecas.

Existindo postos de traballo vacantes de persoal funcionario de administración e servicios da área de bibliotecas dotados orzamentariamente, adscritos ós grupos A e B, establecida a súa provisión mediante concurso e consonte o establecido no artigo 27 da Lei 4/1988, do 26 de maio (modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril), da función pública de Galicia, e no capítulo III do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aprobou o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas pola Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e nos estatutos desta universidade, aprobados por Resolución do 16 de setembro de 1993, resolveu convocar concurso de méritos para a provisión dos postos de traballo vacantes que se enumeran no anexo I desta resolución e que se desenvolverá con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

I. Requisitos e condicións de participación.

Primeira.-Poderán participar na presente convocatoria os funcionarios de carreira destinados na Universidade de Vigo, calquera que sexa a súa situación administrativa que, pertencendo ós corpos e escalas clasificados nos grupos ós que se refire o artigo 19 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, reúnan os requisitos esixidos para desenvolve-los postos ós que se opta conforme o especificado en cada caso no anexo I da presente convocatoria. Non poderá participa-lo persoal suspenso en firme, mentres dure a suspensión, nin o persoal docente e investigador ó que se refire o artigo 1.2º da antedita Lei 4/1988.

Segunda.-Os excedentes voluntarios da Universidade de Vigo dos números 3c, 3d e 4 do artigo 29 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, e os procedentes da situación de suspenso, xuntarán á súa solicitude declaración de que non foron separados do servicio de calquera administración pública, nin estaren inhabilitados para o exercicio de cargo público.

Terceira.

a) Deberán tomar parte neste concurso os funcionarios destinados nesta universidade que teñan atribuído, mediante adscrición provisional, o desempeño dun posto de traballo, así como os removidos do posto de traballo obtido por concurso, debendo solicitar tódolos postos (vacantes ou non) reservados ó seu grupo de pertenza, na súa localidade.

b) Os funcionarios en situación de excedencia voluntaria por interese particular e excedencia voluntaria por agrupación familiar só poderán participar se levan máis de dous anos na dita situación.

Cuarta.-Tódolos requisitos, méritos e prazos establecidos referiranse á data de remate do prazo de presentación de instancias.

II. Solicitudes e documentación.

Quinta.-As solicitudes para tomar parte neste concurso, axustadas ó modelo publicado como anexo II desta resolución, deberán presentarse no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ó de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, no rexistro xeral da Universidade de Vigo, nos seus rexistros delegados ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Sexta.-Os datos relativos ás circunstancias persoais e administrativas dos concursantes, así como os concernentes ós méritos que aduzan, acreditaranse debidamente e deberán posuírse na data de remate do prazo de presentación de instancias.

Sétima.-Agás para o punto C do bloque cuarto, os méritos, requisitos e datos imprescindibles deberán ser acreditados mediante certificado expedido de oficio polo servicio de xestión de persoal, que serán os únicos que valore a comisión regulada na base décimo terceira. O servicio de xestión de persoal remitirá simultaneamente os certificados ós interesados e á comisión de valoración.

O punto C do bloque cuarto, Formación, valorarase exclusivamente con base nas copias dos títulos e cursos que se deberán achegar dentro do prazo de presentación de solicitudes.

Oitava.-Os funcionarios con algunha discapacidade poderán instar, no caso de que lles fora adxudicado algún dos postos solicitados, a adaptación de medios materiais para o desempeño do dito posto, e a comisión de valoración poderá reclamarlle ó interesado que acredite suficientemente a adaptación demandada.

Novena.-Cando dous funcionarios cónxuxes estean interesados en obter postos de traballo neste concurso nun mesmo concello, poden condicionar na solicitude os seus pedimentos, por razóns de convivencia familiar, ó feito de que ambos os obteñan, entendéndose, no caso contrario, anulado o pedimento efectuado por cada un deles. Deberán acompaña-la súa solicitude con fotocopia do pedimento do cónxuxe.

Décima.-No suposto de que sexan varios os postos de traballo que se soliciten, a preferencia virá establecida pola orde que o concursante estableza na solicitude de participación.

Décimo primeira.-Así mesmo, os funcionarios que o desexen poderán solicita-los postos que resulten vacantes a consecuencia da resolución do presente concurso, para o que deberán especificar esta circunstancia, así como a preferencia de postos na súa solicitude de participación.

Décimo segunda.-Unha vez transcorrido o período de presentación de instancias, non poderá renunciarse ás solicitudes formuladas e estas serán vinculantes para o peticionario.

III. Comisión de valoración.

Décimo terceira.-A valoración dos méritos alegados polos concursantes para a adxudicación dos postos

de traballo vacantes será efectuada por unha comisión de valoración integrada por 5 membros con voz e voto, dos que dous serán designados pola xunta do PAS funcionario. A composición será publicada nos taboleiros de anuncios do rectorado.

Esta comisión terá a categoría primeira das previstas no Decreto 299/1990, do 24 de maio, de indemnizacións por razón do servicio. Os acordos da comisión adoptaranse por maioría dos seus membros.

Décimo cuarta.-A comisión, por unanimidade, poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores, para aquelas tarefas que o requirisen, que serán nomeados polo órgano convocante.

Décimo quinta.-A interpretación das presentes bases e a resolución das incidencias que se presenten con ocasión da aplicación delas corresponderá á comisión de valoración.

IV. Valoración de méritos.

Décimo sexta.-A valoración dos méritos para a adxudicación dos postos de traballo efectuarase conforme o seguinte baremo:

A. Antigüidade na administración pública: valorarase ata un máximo de 3 puntos. Para estes efectos computaranse os servicios recoñecidos ó abeiro da Lei 70/1978, do 26 de decembro. Non se computarán os servicios que se prestaran simultaneamente con outros igualmente alegados.

Por cada ano (365 días) ou fracción superior a 6 meses (1 mes = 30 días) de servicios 0,15 puntos.

B. Grupo de clasificación: polo grupo ó que pertence o concursante e desde o que participa no concurso outorgarase a seguinte puntuación:

Por pertencer ó grupo A: 4,00 puntos.

Por pertencer ó grupo B: 2,75 puntos.

C. Formación: valorarase ata un máximo de 2 puntos, de acordo cos seguintes criterios:

C.1. Cursos de formación e perfeccionamento: ata un máximo dun punto.

-Valoraranse os cursos recibidos na EGAP, no INAP ou noutros centros oficiais de calquera administración pública, así como os homologados pola EGAP, os impartidos por organizacións sindicais suficientemente acreditados dentro dos programas de formación continua e aqueles impartidos por centros oficiais e institucións de recoñecido prestixio.

-Non se valorarán cursos académicos completos nin por disciplinas de forma illada.

-No caso de acreditar varios cursos sobre a mesma materia só se terá en conta o de nivel superior e, de ser do mesmo nivel, o de maior duración. De acreditarse máis dun grao de coñecemento dun idioma só se computará o superior.

-Terán carácter xeral (ademais dos que determine a comisión) os cursos de idiomas, informática, procedemento administrativo, atención ó público, protocolo e similares.

-Terán carácter específico os cursos que a comisión considere que están directamente relacionados coas actividades que se desempeñan na área de bibliotecas.

-Non serán obxecto de valoración os cursos preparatorios ou integrantes de procesos selectivos organizados por calquera administración nin os certificados relativos a xornadas, seminarios, simposios ou similares.

-De non figura-lo número de horas ou ter unha duración inferior a 20 horas, o curso puntuará 0,05 puntos se ten carácter xeral e 0,15 puntos se ten carácter específico.

A puntuación asignarase de acordo cos seguintes criterios:

DuraciónXeraisEspecíficos

Ata 40 horas0,15 puntos0,25 puntos

Máis de 40 horas0,30 puntos0,50 puntos

C.2. Titulación: por acredita-la titulación académica inmediata superior á esixida para o ingreso no grupo de clasificación de pertenza e desde o que participa o concursante, darase a seguinte puntuación:

Por posuír titulación universitaria: 1 punto.

D. Carreira administrativa: valorarase ata un máximo de 7 puntos.

D.1. Traballo desenvolvido: valorarase cun máximo de 5 puntos. Consideraranse os postos ocupados polo concursante nos últimos oito anos, contados desde a adquisición da condición de funcionario de carreira con caráter definitivo ou con carácter provisional, de non mediar reserva do posto do traballo.

Os servicios prestados fóra da área de biblioteca puntuarán necesariamente na columna de diferente área.

Non obstante, ó persoal que como consecuencia da aprobación da RPT-2000 do PAS funcionario vira suprimido o seu posto de traballo, así como ós que no momento da publicación desta convocatoria ocupen postos mediante adscrición provisional consideraráselles o traballo realizado a partir do 21 de xuño de 2000 como desempeñado nos postos que estaban a ocupar no momento da aprobación da actual RPT.

Cada ano (365 días) recibirá a seguinte puntuación, rateándose por meses (1 mes = 30 días) os períodos inferiores ó ano (non se tomarán en consideración os períodos inferiores ó mes):

Área funcional 1: bibliotecas, arquivos e documentación.

NiveisIgual área cá do posto ó que se aspiraDiferente área cá do posto ó que se aspira

29-300,650,50

27-280,620,47

25-260,590,44

23-240,560,41

21-220,530,38

19-200,500,35

NiveisIgual área cá do posto ó que se aspiraDiferente área cá do posto ó que se aspira

17-180,470,32

16 ou inferiores0,440,29

D.2. Grao persoal consolidado: valorarase ata un máximo de 2 puntos o grao persoal máis elevado que se teña consolidado.

GraoPuntos

302,00

291,90

281,80

271,70

261,60

251,50

241,40

231,30

221,20

211,10

201,00

190,90

18 ou inferiores0,80

Nos supostos nos que os funcionarios non teñan consolidado ningún grao persoal computarase, para efectos de puntuación neste epígrafe, o nivel mínimo correspondente ó intervalo de niveis do grupo ó que pertenza o concursante na Universidade de Vigo.

E. Nivel de complemento de destino: do posto de traballo actual, desempeñado polo concursante con carácter definitivo ou con carácter provisional de non mediar reserva do posto de traballo. Non obstante, ó persoal que como consecuencia da aprobación da RPT do PAS funcionario de 2000 vira modificado o nivel do complemento de destino, así como ós que no momento da publicación desta convocatoria ocupen postos mediante adscrición provisional consideraráselles o traballo realizado a partir do 21 de xuño de 2000 como desempeñado nos postos que estaban a ocupar no momento da aprobación da actual RPT.

NiveisPuntos

304

293,8

283,6

273,4

263,2

253,0

242,8

232,6

222,4

212,2

202,0

191,8

18 ou inferiores1,6

V. Resolución do concurso.

Décimo sétima.-Os postos serán adxudicados ó candidato que obtivese a maior puntuación segundo o baremo establecido no bloque cuarto. En caso de igualdade na puntuación total entre candidatos, dirimirase a prol do que obtivera a maior puntuación segundo a seguinte orde dos méritos: carreira administrativa, grupo de clasificación, nivel de complemento de destino, antigüidade e formación. De persisti-lo empate, acudirase á data de ingreso na administración como funcionario de carreira.

Décimo oitava.-Os destinos adxudicados serán irrenunciables, agás que con anterioridade ó remate do prazo de toma de posesión se obteña outro destino mediante convocatoria pública.

Os traslados que se deriven da resolución do presente concurso terán a consideración de voluntarios, polo que non darán dereito a ningún tipo de indemnización.

Décimo novena.-A comisión de valoración fará pública a proposta provisional de adxudicación dos destinos no taboleiro de anuncios dos rexistros xeral e auxiliares, establecéndose un prazo de 5 días natu

rais a partir do seguinte ó da publicación, para vista do expediente e formulación de reclamacións perante o presidente da comisión de valoración.

Vixésima.-Resoltas pola comisión de valoración as posibles reclamacións presentadas contra a proposta provisional, o presidente dela elevará proposta definitiva de resolución do concurso ó rector, que ordenará a súa publicación nos lugares previstos na base anterior.

Vixésimo primeira.-O concurso resolverase mediante resolución rectoral no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Vixésima segunda.-A presente convocatoria e os actos derivados dela poderán ser impugnados de acordo co previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 12 de febreiro de 2001.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO I

POSTOS DE TRABALLO DO PERSOAL FUNCIONARIO DE ADMINISTRACIÓN E SERVICIOS

ÁREA DE BIBLIOTECAS

POSTOVAC.DENOMINACIÓNDESTINOGRUPONIVEL C.D.

1XDIRECCIÓNCAMPUS DE VIGOA28

2XSUBDIRECCIÓNCAMPUS DE VIGOA/B26

3XEFE DA SECCIÓN DE ACCESO A DOCUMENTOCAMPUS DE VIGOA/B25

4XXEFE DA SECCIÓN DE ADQUISICIÓNSCAMPUS DE VIGOA/B25

5XXEFE DA SECCIÓN DE ARQUIVOCAMPUS DE VIGOA/B25

6XEFE DA SECCIÓN DE COORDINACIÓN E PROCESO TÉCNICOCAMPUS DE VIGOA/B25

7XEFE DA SECCIÓN DE HEMEROTECACAMPUS DE VIGOA/B25

8XXEFE DA SECCIÓN DE PRÉSTAMO E CIRCULACIÓNCAMPUS DE VIGOA/B25

9XXEFE DA SECCIÓN DE REFERENCIACAMPUS DE VIGOA/B25

10XXEFE DE ÁREA. SECCIÓN DE COORDINACIÓNCAMPUS DE VIGOA/B23

11XDIRECCIÓN BIBLIOTECA CAMPUS HISTÓRICOCAMPUS DE VIGOA/B23

12AXUDANTE DE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOSCAMPUS DE VIGOB20

13AXUDANTE DE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOSCAMPUS DE VIGOB20

14AXUDANTE DE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOSCAMPUS DE VIGOB20

15AXUDANTE DE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOSCAMPUS DE VIGOB20

16AXUDANTE DE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOSCAMPUS DE VIGOB20

17AXUDANTE DE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOSCAMPUS DE VIGOB20

18AXUDANTE DE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOSCAMPUS DE VIGOB20

19XAXUDANTE DE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOSCAMPUS DE VIGO-TARDEB20

20XAXUDANTE DE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOSCAMPUS DE VIGO-TARDEB20

21XAXUDANTE DE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOSCAMPUS DE VIGO-TARDEB20

22XDIRECCIÓNCAMPUS DE OURENSEA/B25

23XSUBDIRECCIÓNCAMPUS DE OURENSEA/B23

24XSUBDIRECCIÓNCAMPUS DE OURENSEA/B23

25AXUDANTE DE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOSCAMPUS DE OURENSEB20

26XAXUDANTE DE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOSCAMPUS DE OURENSEB20

27XAXUDANTE DE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOSCAMPUS DE OURENSE-TARDEB20

28XDIRECCIÓNCAMPUS DE PONTEVEDRAA/B25

29XSUBDIRECCIÓNCAMPUS DE PONTEVEDRAA/B23

30AXUDANTE DE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOSCAMPUS DE PONTEVEDRAB20

31AXUDANTE DE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOSCAMPUS DE PONTEVEDRAB20

32AXUDANTE DE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOSCAMPUS DE PONTEVEDRAB20

33XAXUDANTE DE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOSCAMPUS DE PONTEVEDRA-TARDEB20