Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 09 de marzo de 2001 Páx. 3.023

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia

(105/2000 e acumulado).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño: en autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 105/2000 e acumulado, por instancia de María Teresa Millares Montemuíño e outra contra Instituto Social da Mariña e outros sobre viuvez/orfandade, dictouse a seguinte sentencia:

Na cidade da Coruña, o 6 de febreiro de 2001. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 105/2000 e 106/2000 acu

mulado do Xulgado do Social número catro da Coruña seguidos por instancia de María Teresa Millares Montemuíño e Virxinia García Millares, maiores de idade, asistidas polo letrado José Nogueira Esmorís, contra Instituto Social da Mariña, representado e asistido polo letrado Carlos Ojea Carballeira, Empresa Comercial Marítimo Finisterre, S.L., representada por Manuel Quintas Seoane e asistida polo letrado Manuel Barreiro Suárez e Compañía Marítima Enteli, S.A., que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación, viuvez/orfandade.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido: declárase a nulidade das actuacións e a retroacción destas ata a providencia do 4-10-2000, concedéndolles ás actoras o prazo de 4 días a fin de que amplíen as demandas contra o INSS e a TXSS, con apercibimento de arquivo no caso contrario.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días, contados a partires da notificación desta sentencia, do que coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o art. 188 do texto refundido da lei aprobado por R.D.L. 2/1995, do 7 de abril.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación á empresa Cía. Marítima Enteli, S.A., mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, con enderezo descoñecido, expido e asino a presente cédula de notificación na Coruña o 6 de febreiro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado