Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 09 de marzo de 2001 Páx. 3.011

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2001, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B) convocado pola Orde do 5 de xuño de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 13 de xuño) pola que se anuncia a data, a hora e o lugar nos que terá lugar o cuarto exercicio da fase de oposición.

Na súa sesión do día 2 de marzo de 2001 o tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 5 de xuño de 2000, acordou de conformidade co disposto nas bases II.1.1 punto d) da convocatoria, que o cuarto exercicio da fase de oposición teña lugar o día 14 de marzo de 2001 ás 17.30 horas no salón pequeno da Consellería da Presidencia e Administración Pública, en Santiago de Compostela, en chamamento único. As portas de acceso o lugar de realización do exame abriranse ás 17 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, bolígrafo o pluma estilográfica e poderán levar textos legais sen comentarios, excluíndose os libros de consulta.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2001.

Pablo Figueroa Dorrego

Presidente do tribunal