Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 09 de marzo de 2001 Páx. 3.010

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 26 de febreiro de 2001 pola que se nomean os membros dos tribunais que deberán cualifica-las probas selectivas para cubrir, mediante nomeamento de persoal interino, 2 postos de traballo do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de sistemas e tecnoloxía de información, 14 postos de traballo do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), analista programador, e 13 postos de traballo do corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala técnica auxiliar de informática, vacantes nos servicios dependentes de distintas consellerías, convocadas polas ordes da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 12 de setembro de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 190, do 29 de setembro).

Convocadas probas selectivas para cubrir, mediante nomeamento de persoal interino, 2 postos de traballo do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de sistemas e tecnoloxía de información, 14 postos de traballo do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), analista programador e 13 postos de traballo do corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala técnica auxiliar de informática, vacantes nos servicios dependentes de distintas consellerías, convocadas polas ordes da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 12 de setembro de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 190, do 29 de setembro), e de conformidade co establecido nas bases das correspondentes convocatorias, esta consellería

DISPÓN:

A composición dos tribunais que deberán cualifica-las probas selectivas para cubrir, mediante nomeamento de persoal interino, 2 postos de traballo do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de sistemas e tecnoloxía de información, 14 postos de traballo do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), analista programador e 13 postos de traballo do corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala técnica auxiliar de informática, vacantes nos servicios dependentes de distintas consellerías, será a que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

TRIBUNAIS

* Grupo A-Escala de sistemas e tecnoloxía de información.

Titulares:

Presidente: Ignacio José Otero López, subdirector xeral de Planificación e Fomento Tecnolóxico da Consellería de Industria e Comercio.

Vocais: José María Pousada Carballo, profesor titular da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicacións da Universidade de Vigo. Fernando Bellas Permuy, profesor titular da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Antonio Pais Andrade, en representación das organizacións sindicais.

Secretaria: María Isabel Caramés González, funcionaria da Xunta de Galicia.

Suplentes:

Presidente: Jorge Remuiñán Suárez, funcionario da Xunta de Galicia.

Vocais: José Manuel Santos Suárez, profesor titular da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicacións da Universidade de Vigo. Rafael Carlos García Vázquez, catedrático da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Juan Carlos Fernández Fernández, en representación das organizacións sindicais.

Secretario: Jesús Mediavilla Cañibano, funcionario da Xunta de Galicia.

* Grupo B-Analista programador.

Titulares:

Presidente: Loreto Díaz Sánchez, subdirectora xeral de Xestión de Persoal da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Vocais: Pedro Salvador Rodríguez Hernández, profesor titular da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicacións da Universidade de Vigo. Víctor Carneiro Díaz, profesor titular da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Marina Conde Iglesias, en representación das organizacións sindicais.

Secretaria: Susana Castro Barral, funcionaria da Xunta de Galicia.

Suplentes:

Presidente: Ramón del Valle López, subdirector xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Vocais: Martín Llamas Nistal, profesor titular da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicacións da Universidade de Vigo. Esteban García Martín, profesor titular da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Alexandre Banhos Campo, en representación das organizacións sindicais.

Secretario: José Carlos Carid Fernández, funcionario da Xunta de Galicia.

* Grupo C-Escala técnica auxiliar de informática.

Titulares:

Presidente: Álvaro Rodríguez Carballo, subdirector xeral de Planificación e Coordinación Informática da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Vocais: Juan Ares Casal, profesor titular da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Francisco Javier González Castaño, profesor titular da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicacións da Universidade de Vigo. Enrique Delgado Barrio, en representación das organizacións sindicais.

Secretaria: Purificación Rodríguez Bouzas, funcionaria da Xunta de Galicia.

Suplentes:

Presidente: Eliseo Sastre Serrano, subdirector xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Vocais: Bernardino Arcay Varela, catedrático da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Manuel José Fernández Iglesias, profesor titular da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicacións da Universidade de Vigo. Emilio Crespo Correa, en representación das organizaciones sindicais.

Secretaria: Cristina Sánchez Cajaraville, funcionaria da Xunta de Galicia.