Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 09 de marzo de 2001 Páx. 3.011

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2001, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se rectifican erros na do 15 de febreiro de 2001 pola que se convocaba o concurso de traslados das prazas vacantes de secretarías de xulgados de paz entre secretarios de paz para extinguir de máis de 7.000 habitantes e oficiais da Administración de xustiza.

Advertidos erros na publicación da Resolución do 15 de febreiro de 2001 (DOG nº 44, do venres 2

de marzo), pola que se convocaba o concurso de traslado das prazas vacantes de secretarías de xulgados de paz entre secretarios de paz para extinguir de máis de 7.000 habitantes e oficiais da Administración de xustiza, rectifícase esta no sentido seguinte:

Na páxina 2.685 no ANEXO I, os xulgados de paz de: Cabana de Bergantiños (A Coruña), Muxía (A Coruña), Neda (A Coruña), Quiroga (Lugo), O Saviñao (Lugo), deben constar cun asterisco (*) por ser xulgados de paz de menos de 7.000 habitantes.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2001.

P.D. (Orde 12-12-2000)

Alfonso Rueda de Valenzuela

Director xeral de Xustiza e Administración Local