No Xulgado do Contencioso-Administrativo número catro da Coruña tramítase o recurso nº 260/2000 (procedemento abreviado) interposto por Isabel de
la Paz de la Paz na súa condición de aspirante no proceso selectivo de persoal estatutario convocado por Resolución do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999).
A recorrente, aspirante da categoría de técnico especialista de laboratorio, pretende a valoración na fase de concurso dos servicios prestados no Laboratorio de Saúde Pública da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, coa súa conseguinte inclusión na relación de aspirantes seleccionados.
O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2001.
Valeriano Martínez García
Director xeral da División de Recursos Humanos