Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 09 de marzo de 2001 Páx. 3.008

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2001 pola que se convoca un curso de xestión de axudas financiadas con fondos comunitarios para corporacións locais.

Dentro do Plan de actividades da EGAP para o 2001, e conforme coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase un curso de xestión de axudas financiadas con fondos comunitarios para corporacións locais que deberán desenvolverse de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

O exame práctico de normativa e documentación da Unión Europea sobre a tramitación de proxectos para a obtención de axudas con cargo a fondos comunitarios.

Segunda.-Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B das administracións locais con responsabilidade na xestión de proxectos que puidesen ser obxecto de financiamento con fondos comunitarios.

Terceira.-Desenvolvemento.

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Lugar: Santiago de Compostela, Escola Galega de Administración Pública.

3.3. Datas:

1ª edición: 21, 22, 28 e 31 de maio, 4, 7 ,11 e 14 de xuño de 2001.

2ª edición: 17, 20, 24 e 27 de setembro, 1, 3, 8 e 10 de outubro de 2001.

3.3. Horarios: de 16.30 a 20.30 horas.

3.4. Prazas: 35 en cada edición.

Cuarta.-Solicitudes.

O persoal que desexe participar no curso programado, deberá solicitalo coa presentación da instancia que segundo modelo oficial figura como anexo I desta resolución, e cubrila en tódolos seus epígrafes.

As solicitudes irán dirixidas ó director da EGAP, e presentaranse no rexistro da Escola Galega de Administración Pública, r/ Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou tramitaranse por calquera das outras formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes rematará 20 días naturais antes do comezo de cada edición.

Quinta.-Selección.

Os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1994, pola que se fan públicos os criterios de par

ticipación nas actividades da EGAP (DOG nº 149, do 3 de agosto).

Sexta.-Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento do curso, así como a de anula-lo se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Sétima.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso, e é obrigatoria a asistencia a tódalas sesións. Toda inasistencia deberá ser xustificada convenientemente, sen que poida exceder en ningún caso do 15% das horas lectivas programadas.

Unha inasistencia superior ó 15% das horas lectivas programadas, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do correspondente certificado.

Oitava.-Valoración.

Para os efectos do establecido na resolución do INAP do 26 de outubro de 1994, BOE nº 267, do 8 de abril e corrección de erros, BOE nº 311, do 29 de decembro, pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local en cumprimento do establecido na orde do Ministerio para as Administracións Públicas do 10 de agosto de 1994, ó presente curso outorgaráselle unha puntuación de 0,20 puntos.

Novena.-Contido.

Os fondos comunitarios e a súa incidencia no ámbito local. O marco de aplicación comunitario (FEDER, FSE, FEOGA-O e IFOP), as iniciativas comunitarias (Interreg, Equal, Leader e Urban). O Fondo de Cohesión. A xestión de axudas comunitarias: programación, elaboración de orzamentos, seguimento e control.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2001.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Úsese os publicados nas páxinas 3.007 e 3.008.