Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 08 de marzo de 2001 Páx. 2.971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (modificación do PXMO).

Por acordo do Concello Pleno, en sesión de data 29 de novembro de 2000, acordouse aprobar inicialmente a modificación puntual do PXMO derivada da sentencia nº 321/1999 consistente en cualifica-la parcela obxecto dela coa ordenanza de solo urbano denominada 2C no PXMO en vigor.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do citado expediente nas oficinas municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG e prensa, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 25 de xaneiro de 2001.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta