Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 08 de marzo de 2001 Páx. 2.971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FOZ

ANUNCIO.

O Concello Pleno, na súa sesión con data do 23-2-2001, aprobou o Plan Xeral de Ordenación Municipal unha vez incorporadas a el as alegacións e os convenios urbanísticos estimados polo Concello Pleno na súa sesión do 27-11-2000.

Igualmente o Concello Pleno acordou somete-lo citado Plan Xeral de Ordenación Municipal ó trámite de información pública polo plazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Rematado o citado prazo, entenderase concluída a tramitación do expediente e procederase á súa remisión á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, para a emisión do informe preceptivo e vinculante previsto no artigo 42.5º da Lei do solo de Galicia.

Foz, 26 de febreiro de 2001.

José María García Rivera

Alcalde