O Concello Pleno, na sesión que tivo lugar o día 29 de novembro de 2000, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual do PXMO relativa á fixación de aliñacións no tramo viario que discorre entre as parcelas declaradas urbanas pola sentencia nº 519/1999.
Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, podería interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo, no prazo dun mes, que se computará desde o día seguinte ó da súa notificación, perante o mesmo órgano que a dictou (ó abeiro do disposto polos artigos 116 e 117 da Lei 4/1994, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común).
Tamén poderá contra esta resolución interpoñer, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante a orde xurdisdiccional contencioso-administrativa, sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión para os supostos e prazos previstos polo artigo 118 da citada lei.
Oleiros, 25 de xaneiro de 2001.
Eshter Pita Pita
Alcaldesa-presidenta