Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 08 de marzo de 2001 Páx. 2.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores EN-96 e EN-138/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a resolución dos ditos expedientes, por infracción á Lei 4/1989, de 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

1. Contra a dita resolución, caberá, de conformidade co establecido nos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a interposición de recurso de alzada perante conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da recepción da notificación. Transcorrido o devandito prazo sen terse interposto o recurso, a resolución será firme para tódolos efectos, sen prexuízo, de se-lo caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta 3110001181, de Caixa Galicia (2091), oficina 0388. De non facelo dentro do prazo sinalado procederase o seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento da contía total da sanción e indmenización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 13 de febreiro de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: EN-96/2000.

Denunciado: Rafael Otero Prado.

Enderezo: Mantelas Lourido, 67, Vigo.

DNI: 36.045.200

Feitos denunciados: circular cun vehículo por dunas e praia. Os axentes denunciantes observaron estacionado nas dunas o vehículo-turismo marca Renault, modelo Kangoo con matrícula PO-3112-BG, existindo un cartel que informaba da prohibición á entrada do lugar. Feitos denunciados ás 15.17 horas do día 6 de agosto de 2000, nas dunas da praia de Melide, no Hío-Cabo Home, concello de Cangas.

Data do acordo da incoación: 7-9-2000.

Data do acordo da proposta: 19-10-2000.

Proposta: sancionar a Rafael Otero Prado con multa de 10.000 pesetas.

Alegacións á proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: circular cun vehículo por dunas e praia.

Precepto infrinxido: artigo 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres en relación coa Orde do 28 de outubro de 1999, pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000 como espacios naturais en réxime de protección xeral.

Precepto sancionador: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 10.000 pesetas.

-Expediente: EN-138/2000.

Denunciado: Carlos Pereira Alonso.

Enderezo: Vilariño-As Tomadas, 122, Nigrán.

DNI: 76.948.627

Feitos denunciados: circular cun vehículo por dunas e praia. Os axentes denunciantes observaron estacionado nas dunas o vehículo-turismo marca Fiat, modelo Punto con matrícula PO-5354-BG, existindo un cartel que informaba da prohibición da entrada ó lugar polas dunas da praia. Feitos denunciados ás 15.40 horas do día 15 de agosto de 2000, nas dunas da praia de Barra, O Hío, concello de Cangas.

Data do acordo da incoación: 13-9-2000.

Data do acordo da proposta: 19-10-2000.

Proposta: sancionar a Carlos Pereira Alonso con multa de 10.000 pesetas.

Alegacións á proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: circular cun vehículo por dunas e praia.

Precepto infrinxido: artigo 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres en relación coa Orde do 28 de outubro de 1999, pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na

Rede Europea Natura 2000 como espacios naturais en réxime de protección xeral.

Precepto sancionador: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 10.000 pesetas.