Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 08 de marzo de 2001 Páx. 2.965

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador P-177/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoación de expediente sancionador por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Que así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou achega-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolle que de non efectuar ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 14 de febreiro de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-177/2000.

Denunciado: Antonio Freire Pereiras.

Enderezo: O Cachafeiro, 2, Forcarei.

DNI: 35.144.685-H.

Feitos denunciados: pescar en luns, día declarado inhábil para a práctica deste deporte, ás 17.45 horas do día 3 de xullo de 2000, no río Lérez ó seu paso por Quireza, no concello de Cerdedo.

Data do acordo da incoación: 17-10-2000.

Precepto infrinxido: artigo 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador artigo 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 10.000 pesetas.