Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 08 de marzo de 2001 Páx. 2.963

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, da notificación da resolución do expediente sancionador I-206 e I-215/2000 (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente, por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais e o seu Regulamento, do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria ó nº de conta 2091-0388-90-3110001181 de Caixa de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó desta publicación, conforme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto), e unha vez producida a firmeza desta resolución -firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso ordinario dentro do prazo. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Pontevedra, 30 de xaneiro de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: I-206/2000.

Denunciado: Tomás Molina Fernández.

Último enderezo coñecido: avda. de Florida, 30-3-2º B, 36210 Vigo.

Feito denunciado: facer lume en época prohibida.

Precepto infrinxido: artigo 138 a) do Regulamento da LIF.

Precepto sancionador: artigo 139 do Regulamento da LIF.

Sanción: 5.000 ptas.

-Expediente: I-215/2000.

Denunciada: Monserrat Jiménez Jiménez.

Último enderezo coñecido: Calzada, 21, 36700 Tui.

Feito denunciado: abandono dun vehículo en zonas forestal.

Precepto infrinxido: artigo 137 e) do Regulamento da LIF.

Precepto sancionador: artigo 139 do Regulamento da LIF.

Sanción: 50.000 ptas.