Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 08 de marzo de 2001 Páx. 2.963

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 16 de febreiro de 2001 pola que se exclúen do catálogo de montes de utilidade pública da provincia de Lugo os montes Balinaiga e Costa do Inferno, Castañeiral de Trabada número 20 e 22-C, pertencentes ás parroquias de Santiago de Bruicedo e Vilabol, do concello da Fonsagrada (Lugo).

De conformidade co establecido no artigo 43 do Regulamento de montes, do 22 de febreiro de 1962, e no Real decreto 1535/1984, do 20 de xuño, polo que se transfiren á Comunidade Autónoma de Galicia competencias en materia de conservación da natureza, esta consellería, logo da proposta da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural,

DISPÓN:

Artigo único.-Dar de baixa do Catálogo de Montes de Utilidade Pública da provincia de Lugo, por non reunir xa as condicións que foron determinantes para a súa inclusión, por petición do Concello da Fonsagrada, os montes Balinaiga e Costa do Inferno, Castañeiral de Trabada pertencentes ás parroquias de Santiago de Bruicedo e Vilabol, que figuran cos números 20 e 22-C respectivamente, nel.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e en contra dela poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes ou ben interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo

común, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, ou exercer calquera outro que estime pertinente.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2001.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente