Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 08 de marzo de 2001 Páx. 2.962

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/223-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: modificación apoio nº 120 L.A.T. 66 kV Paxareiras-Pontella.

Situación: Dumbría.

Descricións técnicas: modificación do apoio nº 120 da liña de alta tensión, a 66 kV Tambre-Pontella, ó lado da subestación de Paxareiras, da empresa Eurovento, S.L., consistente en: novo posicionamento do apoio metálico e tendido destensado de conductor tipo cardinal de 547 mm Al, de 15 m de lonxitude desde o dito apoio ó pórtico de entrada, entrando e saíndo na subestación. Mazaricos.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS